Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 04 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Martín Pintos no SYOC coa selección española

[Img #24640]

 

Martín Pintos, xogador xuvenil do AD Vincios Rosquillas Cristaleiro da División de Honor de Tenis de mesa, comeza este  mércores a súa participación no SYOC Open Internacional de España Cadete e Junior que se disputará en Platja d´Aro (Girona) ata o próximo domingo. O xogador gondomareño foi convocado polo equipo técnico da RFETM para formar parte da selección española xuvenil e competirá nas probas de equipos, dobres e individual. Participarán neste importante torneo de categoría 1 máis de 200 palistas de países europeos, americanos e asiáticos.


Esta convocatoria é un merecido premio ao traballo e esforzo do xogador miñorano que este ano combinou os adestramentos e partidos no club francés GDV Hennebont coa competición de División de Honor na liga española.


A seguinte fin de semana, Martín Pintos cos seus compañeiros de equipo Moisés Álvarez, Diogo Silva e Rafael Otero terán o reto máis difícil da tempada que será disputar a fase de ascenso a Superdivisión Masculina en Gondomar. O Open de España pode ser, por tanto, para Martín, unha boa pedra de toque de cara a chegar no momento óptimo de forma ao momento crucial da liga.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.