MOS
A Comisión de Estudo do transporte municipal celebra a súa primeira reunión de constitución
O seu obxectivo é a elaboración dunha memoria previa á aprobación definitiva do servizo, que se estima entrará en funcionamento de cara ao vindeiro verán.
![[Img #24647]](upload/img/periodico/img_24647.jpg)
O luns reuniuse por primeira vez a Comisión de Estudo do transporte municipal que ten como obxectivo a elaboración dunha memoria para valorar o establecemento do devandito servizo público. Dita memoria deberá constar de varios documentos tales coma: o regulamento polo que se rexirá o servizo, unha valoración dos aspectos xurídicos da contratación e establecemento do tipo de xestión do servizo; e un estudo económico de costes.
Unha vez finalizada, esta memoria deberá de ser aprobada polo Pleno da Corporación Municipal e ser sometida a información pública durante o prazo dun mes; prazo tras o cal aprobarase definitivamente.
A memoria constitúe o procedemento previo para poder establecer o servizo público de transporte municipal. Tras a aprobación da mesma xa se poderá iniciar o procedemento de contratación da empresa concesionaria.
É dicir, que este é o paso previo para sacar a licitación a concesión, e que tódalas empresas que estean interesadas en optar a xestionar o transporte municipal mosense poidan presentar as súas ofertas culminando coa contratación dunha delas como concesionaria e poñendo en marcha, a continuación, o devandito servizo de transporte; que dende a administración local estímase que será de cara ao vindeiro verán.
A xuntanza celebrada onte pola mañá no salón de sesión do Concello foi a de constitución da Comisión de Estudo e a primeira de sucesivas reunións da mesma, que será convocada todas as veces que sexa necesaria para levar a cabo e rematar canto antes os traballos necesarios de cara a completar a memoria.
Na reunión estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente, Urbanismo e delegada de Mobilidade, Julia Loureiro, a secretaria e o interventor municipais, así coma a enxeñeira e a aparelladora do Concello de Mos.
A Comisión de Estudo que onte se constituiu viña de aprobarse en Pleno na sesión ordinaria que se celebrou o pasado 25 de abril.
Previamente celebrárase unha reunión o día 1 de abril en Santiago entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, e os xurídico e secretaria municipais coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, para ultimar os trámites previos á posta en marcha do Plan Municipal de Transporte.
Durante a xuntanza abordáronse as alternativas posibles tratando de buscar a máis óptima para que o Plan Municipal de Transporte fora unha realidade canto antes e o inicio do seu funcionamento se demorase o menos posible no tempo. Deste xeito técnicos e representantes políticos de ambas administracións, local e autonómica, constituíron unha mesa de traballo para deseñar a estratexia máis eficaz e rápida para poñer en marcha canto antes o transporte municipal.
Detalles do servizo de transporte municipal
O proxecto de transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia veciñal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén.
“Este plan correspóndese ó proxecto de transporte municipal que o Partido Popular de Mos presentou como parte do seu programa electoral nos pasados comicios locais”, segundo declaraba a rexedora mosense.
Sobre este Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará dun autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área.
Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana.
Neste sentido, Arévalo destacou a importancia deste plan que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101