Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 04 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas acolle a presentación do Ano Internacional do Entendemento Global o próximo xoves

As actividades no eido local desenvolveranse baixo o título “Identidade, cultura e diálogo”.

O Ano Internacional do Entendemento Global (International Year of Global Understanding, IYGU nas súas siglas en inglés) é unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidade Friedrich-Schiller de Jena, na Alemaña, a través do Profesor Benno Werlen, xeógrafo social daquela universidade en colaboración coa Unión Xeográfica Internacional.


O seu obxectivo é fomentar unha mellor comprensión de como o local afecta ao pensamento global co fin de promover políticas intelixentes para facer frente aos desafíos a escala mundial como o cambio climático, a seguridade alimentaria ou a migración.


Sermos conscientes dos efectos da vida cotiá no planeta para facer as mudanzas axeitadas. Alén da protección do medio e a política climática, quere explorar a calidade de vida sustentable e os proxectos de investigación ao respecto.

 


A presentación do Ano Internacional do Entendemento Global séra na sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo o vindeiro xoves 5 ás 17.30 e a escolla programática será a seguinte:


- Presentación do Ano Internacional en representación do Regional Action Center for Spain of IYGU, o profesor e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela Ruben Lois González e a profesora e doutora en Xeografía e Historia pola USC María José Piñeira.


- O Entendemento Global e a Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, Luisa Márquez, Coordenadora Galega da Rede PEA-UNESCO.


- Propostas de traballo para o International Year of Global Understanding,  escenificado polo alumnado do IES Pedra da Auga, que presentará neste acto as propostas a desenvolver como son: Slogans para un Mundo Mellor e Poemas do Mundo para o Entendemento Global a cargo do profesor deste centro Xabier Prado Orbán.


- Presentación das páxinas web de referencia para as actividades previstas, a cargo da equipa directiva da Escola Artística Árvore do Porto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.