CULTURA
Iván Ferreiro abrirá os concertos na Leira na edición máis multidisciplinar do Festival de Cans
A danza, a gastronomía, a literatura, o humor gráfico ou a videoperformance estarán entre os contidos, partindo sempre desde proposas audiovisuais.
O Festival de Cans chega nesta 13ª edición coa proposta máis multidisciplinar da súa historia: audiovisual, música, danza e gastronomía confluirán na parroquia porriñense dende o 18 ao 21 de maio. O certame continúa reinventándose ano tras ano, adaptándose ás novas necesidades, demandas do público e novos xéneros, así como explorando as potencialidades do singular espazo no que se celebra. Nesta edición varios dos seus espazos emblemáticos medran en contidos e funcionalidades.
- A Leira de Alicia pasa a ter programación continua nos dous días centrais do festival e acolle o Espazo Mahou con diferentes actuacións musicais vinculadas aos contidos audiovisuais do Jalpón de Alicia, encontros de cineastas e o habitual coloquio na leira. A gran sorpresa deste espazo será o concerto de Iván Ferreiro o venres 20 de maio ás 20h00.
- O festival tamén inaugurará o Jaliñeiro Arena cun espectáculo exclusivo de Janet Novás e Mercedes Peón fusionando danza contemporánea e música de dúas das nosas artistas máis internacionais. Ademais, o Jaliñeiro Arena -na zona Multiusos- albergará unha nova sección gastronómica -“A cociña de Esther”-, coa proxección de El equilibrio de los opuestos, un documental de Alberto Baamonde sobre as peripecias do cociñeiro Javier Olleros, que preparará unha tapa delicatessen deseñada para o festival con produtos da parroquia.
Os nenos e nenas cobran cada vez máis protagonismo en Cans, e por iso reforzamos a programación infantil, que segue medrando con proxeccións, actuacións musicais, monicreques e obradoiros. Os máis pequenos terán actividades no Cuberto do Pato, no Baixo de Carlos e o parque do río, con zona de xogos tradicionais e menús infantís. Nestas localizacións poderán gozar da Caixa de Mistos, dun obradoiro de filmes de MrMisto no que xogarán a ser cineastas ou da proxección de Maimiño.
A XIII edición do Festival de Cans presentouse esta mañá na casa de Chelo Fortes e Manuel Cid -premio Chimpín de Prata deste ano- coa presenza de Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño; Jacobo Sutil, director da Agadic; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Hugo Pérez, brand manager de Mahou para Galicia; Belén Constenla, actriz e membro do xurado; Keka Losada, presidenta da A.C. Arela; e Alfonso Pato, director do Festival.
Resumímosvos as principais novidades deste ano, que podedes ampliar no dossier de prensa do festival:
A mellor selección audiovisual:
- Seleccionamos 18 curtas a concurso marcadas por directoras e directores que crean desde o éxodo, en lugares como Bruxelas, Londres, Barcelona, Madrid ou Lisboa, pero tamén por algúns creadores que xa tocaron o éxito do Can de Pedra de Cans.
- Recuperamos sección de animación.
- Estreamos Psiconautas de Alberto Vázquez e Pedro Rivero.
- Dani de la Torre rebobinará El Desconocido xunto aos dous premios Goya do filme: Jorge Coira (mellor montaxe) e David Machado (mellor son).
- Celebramos os 100 anos de Miss Lledya Miss Ledya, proxectándoa con música en tempo real do theremin de Paulo Nimoy.
- Inauguramos a sección Retratos de familia, que recolle as obras dunha serie de directores e directoras novos que afondan no entorno familiar para crear unha cinematografía diferente. Veremos “Losada”, de Ximena Losada e Marcos Nine; “Imaxes secretas”, de Diana Toucedo, “Vai chover”, de Santiago D. Risco, “Extraño”, de Iria Silvosa e “Cuna”, de Lucía Estévez.
- Fill@s de Cans e A que andas? coas últimas novidades e propostas do sector.
Unha morea de contido musical: máis de 20 actuacións e 30 horas de música para non parar de bailar e mover o corpo entre proxección e proxección.
- Celebraremos os 25 anos da Arroutada Pangalaica dos Diplomáticos de Montealto.
- Novedades Carminha, traerá o seu novo disco, Campeones del mundo.
- Iván Ferreiro estreará en concerto o Espazo Mahou da Superleira.
- Óscar D'Aniello chegará tamén a Cans estreando o seu novo proxecto musical, Delafé, e o seu primeiro disco con esta nova formación, La Fuerza irresistible.
No seu conxunto todos os contidos do certame teñen a mirada posta no noso Decálogo para a visibilidade das mulleres, polo que podemos afirmar que a participación da creación feminina no festival segue en aumento, tal e como apuntou o director do festival, Alfonso Pato.
Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, agradeceu a ampla oferta cultural que ofrece o Festival de Cans na súa programación e anunciou unha maior colaboración por parte do Concello para que o núcleo urbano tamén forme parte de Cans durante catro días e catro noites. Un can de prantas e vexetación de 2,5 metros de alto para a praza do Concello, un concurso de debuxo para escolares e a ampliación do desfile de chimpíns cara a zona peatonal, son algunhas das accións que se incorporarán.
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, destacou a proxección de "Visións de mulleres" xa que "na provincia hai infinidade de caras e nomes femininos aos que hai que darlle visibilidade". Ademais, tamén quixo lembrarse da labor do festival á hora de situar Pontevedra no mapa, idea que compartiu con ela Jacobo Sutil, director da AGADIC, ao catalogar a Cans como "un espello no que mirarse moitos eventos culturais en Galicia" pola súa labor para fomentar o audiovisual galego.
Hugo Pérez, brand manager de Mahou, quixo poñer a nota máis musical na rolda de prensa anunciando o concerto en acústico de Iván Ferreiro que traerán ata o novo Espazo Mahou da nosa Superleira o próximo 20 de maio ás 20h00. A marca convértese nunha das patrocinadoras do festival por segundo ano consecutivo na súa aposta pola cultura e o ocio innovador en Galicia.
Belén Constenla, membro do xurado de curtametraxes, amosou o seu entusiasmo pola labor que terá que levar a cabo xunto a Dani de la Torre, Javier Veiga, Helena Miquel, Ana Cermeño e Manuel Jabois. Pola súa banda, Keka Losada, presidenta da A.C. Arela non deixou pasar a ocasión de convidar a todo o mundo "a vir, pero sobre todo, a vivir Cans". Tras agradecerlles aos veciños e veciñas a súa constante implicación co festival, Alfonso Pato, director do certame, comentou o ilusionada que está a aldea de Cans pola emisión en directo do programa "Hoy empieza todo" de Radio 3 durante o festival, e o enorme esforzo que puxeron os alumnos e alumnas -tamén da parroquia- para a rodaxe da curtametraxe documental que estiveron preparando estes meses: "Ponme a última", memoria dos bares pechados de Cans.
Venda de entradas
O festival abrirá mañá mércores 4 de maio ás 12h00 o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da tenda virtual tenda.festivaldecans.com ata o próximo 11 de maio ás 23h59. Nesta ocasión haberá tres tipos de productos á venda: pack de tarde, entrada simple de tarde e entrada simple de mañá. O prezo do pack completo será de 24€ con un desconto con respecto ao prezo real que sería de 26€ (12€ entrada + 12 € camiseta + 2€ catálogo). O prezo das entradas simples, tanto da sesión de mañá como da de tarde, terán agora un custe de 12€. O lugar de recollida será o posto de merchandising do festival durante o venres e o sábado do evento. Ademais, os compradores poderán recoller tamén de forma gratuíta durante os días do festival o catálogo con información ampliada de todas as actividades.
O resto das entradas venderase o venres 13 de maio ás 19h00 no Torreiro de Cans. Estarán á venda indistintamente packs e entradas simples de mañá e de tarde, no caso de estar aínda dispoñibles. Ademais, tamén se porán á venda as entradas para os espectáculos de Trio Acivro (100) por 3€, Alecrin Monicreques (100) por 3€ e o de Janet Novás e Mercedes Peón (100) por 5€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85