CULTURA
Galicia Escena PRO selecciona 34 compañías galegas e 3 vascas para o seu programa de espectáculos, ‘showcases’ e ‘pitching’
A comisión elixiu 17 montaxes para exhibir en formato completo e 10 en formato reducido, ademais de 10 títulos para a sesión na que outras tantas formacións lles avanzarán aos programadores os seus proxectos cara á vindeira temporada.
Un total de 37 compañías compoñen a carteleira de espectáculos, ‘showcases’ e ‘pitching’ da cuarta edición do mercado Galicia Escena PRO, que terá lugar en Santiago de Compostela do 6 ao 9 de xuño baixo a organización da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Este ano, ademais, a escolma inclúe unha representación das artes escénicas vascas a través de tres propostas que se exhibirán neste encontro en colaboración co Instituto Etxepare.
Catro espazos da cidade –Auditorio Abanca, Fundación SGAE, Salón Teatro e Teatro Principal– serán as sedes principais do evento, que lles ofrece ás formacións artísticas galegas un espazo para entrar en contacto directo cos representantes dos teatros, auditorios, salas e mostras escénicas cara á configuración das súas próximas temporadas de exhibición.
Dezasete espectáculos en formato completo
Para a categoría de espectáculos completos, a comisión encargada da selección elixiu un total de 17 títulos, do que 14 son montaxes galegas de teatro e danza para público familiar e adulto: ‘A forma das cousas’, de La Yogurtera; ‘Coma e punto’, de Antagonista Teatro; ‘Contiguo’, de Compañía IO; ‘Eroski Paraíso’, de Grupo Chévere; ‘Foucellas’, de Talía Teatro; ‘Gretel e Bela’, de Teatro da Semente; ‘Manawee’, de Matrioshka Teatro; ‘O conto da Azuzaina’, de Limiar Teatro; ‘O poder de Amabel’, de Pérez&Fernández; ‘Os amores de Jacques o fatalista’, de Producións Teatráis Excéntricas; ‘Os reloxos preguiceiros de Néboa’, de Aporía Escénica; ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro; ‘Son’, de Nova Galega de Danza; e ‘Up2Down’m, de trasPediante. Seleccionáronse, así mesmo, tres propostas procedentes do País Vasco: ‘Mobydick’, de Teatro Gorakada; ‘Oskara’, de Kukai Dantza; e ‘Solitudes’, de Kulunka Teatro.
A Agadic organiza este mercado, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xuño e para o que continúa aberto ata o 15 de maio o prazo de inscrición de profesionais
No apartado de 'showcases', con 10 propostas galegas en cartel, as compañías teñen a oportunidade de escenificar diante dos programadores e demais axentes culturais inscritos no mercado unha pequena mostra das súas novas producións. Trátase de ‘Falar sen cancelas’, de Culturactiva; ‘Give it a Spin’, de Pisando Ovos; ‘Invención’, de Odaiko; ‘La vida de las tormentas’, de Colectivo t.O.x.O; ‘Múltiple’, de Antón Coucheiro; ‘Os soños na gaiola’, de Títeres Alakrán; ‘Pavillón Lino’, de Caramuxo Teatro; ‘Unhas gafas como as do avó’, de A Trastenda dos Contos; ‘Voaxa e Carmín’, de ButacaZero; e ‘Volta á maxia’, de Dani García.
Adianto dos próximos proxectos
Por segundo ano consecutivo, Galicia Escena PRO incluirá no seu programa unha xornada de 'pitching', para a que foron seleccionadas outras 10 compañías co obxectivo de lles presentar aos programadores asistentes un avance dos proxectos nos que están comezando a traballar cara á vindeira temporada. Os títulos elixidos son ‘Desconexión’, de Xurxo Cortázar; ‘Get Back’, de Eme2 emoción&arte; ‘O baúl do mago’, de Mago Rafa; ‘O encoro enmeigado (nas Fragas do Eume)’, de Os Monicreques de Kukas; ‘O Robot e a doutora Pi: tribulacións na procura dun soño’, de Xosel Díez Rivera; ‘O tolleito de Inishman’, de Contraproducións; ‘Rubicundo’, de Ghazafelhos; ‘Salvador’, de Borja Fernández’, ‘Tita’, de Larraitz Urruzola; e ‘Vaia heroe de merda, unha historia de desobediencia civil’, de Xesús Ron.
Tanto as sesións 'showcase' como as presentacións 'pitching' serán de acceso exclusivo para os profesionais, que poden formalizar a súa inscrición ata o 15 de maio a través da web galiciaescenapro.gal. Pola súa banda, a carteleira de espectáculos volverase a abrir ao público non profesional en función da capacidade dispoñible en cada un dos espazos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85