Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra conmemora o Día de Europa coas xornadas “A Europa que queremos”

A través desta actuación, aberta a toda a cidadanía a través da inscrición na web http://www.depo.es/economia/dia-de-europa, a institución provincial pretende promover un modelo europeo diferente ó actual e baseado no respecto, solidariedade, paz e dereitos humanos

O vindeiro luns, 9 de maio, conmemórase o Día de Europa e a Deputación de Pontevedra está preparando unhas xornadas, abertas a toda a cidadanía interesada, para promover “A Europa que queremos”.  Esta actuación pretende abrir un debate para concienciar á cidadanía da necesidade de salvagardar os dereitos das persoas e impulsar un modelo europeo diferente ó actual, un modelo baseado no respecto, solidariedade, paz e nos dereitos humanos, valores cos que se impulsou o nacemento da Unión Europea.

 

“A Europa que queremos” comezará ás 10:30 horas do 9 de maio no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra, coa lectura dunha declaración conmemorativa do Día de Europa a cargo da Presidenta da Deputación, Carmela Silva. A continuación, Celso Cancela, profesor doutor da área de ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e titular da Cátedra Jean Monnet “Understanding the U.E. in the 21st century”, impartirá unha conferencia titulada “Cara onde camiña a Unión Europea”.

 

Ás 11:30 un grupo de alumnas e alumnos da Universidade de Vigo procedentes de Italia, Brasil, Rumanía, Francia e España participarán nun debate titulado “Como ves a Unión Europea: visións diversas” moderado por Celso Cancela. Ó remate terá lugar un intercambio de experiencias entre membros do programa Erasmus Plus e emprendedores que servirá para dar a coñecer os vínculos existentes entre a Deputación de Pontevedra e a Unión Europea.

 

As persoas interesadas en asistir a esta xornada poderán formalizar a súa inscrición a través da páxina web http://www.depo.es/economia/dia-de-europa.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.