Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 05 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

SON MÁIS QUE FERIDAS, SON AS NOSAS VIDAS, o slogan gañador contra a Violencia de xénero

Salvaterra fixo entrega, este mércores, dos premios do concurso de slogans contra a Violencia de Xénero.

[Img #24690]

 

O Concello de Salvaterra entregou  un ano mais  os premios do concurso de lemas ou slogans para os  alumnos e alumnas do IES de Salvaterra,  convocado con motivo do día contra a violencia de xénero, co fin de “mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia de xénero, entre os rapaces e rapazas do noso municipio,  que son o noso futuro máis inmediato e que teñen na súa man invertir estes datos”.


 
Este concurso busca frases que  traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos. Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.


 
O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos.  Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte “atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos”.


Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia de xénero promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.
 


Premios
Primeiro premio, por valor de 150 € canxeable por material educativo, deportivo e/ou música. Ademáis, o slogan gañador do primeiro premio utilizose para facer uns marcadores de páxinas que serán difundidos entre os propios alumnos/as do IES e polo Concello de Salvaterra de Miño.Foi para Zaira Vaqueiro Pereira co slogan “SON MÁIS QUE FERIDAS, SON AS NOSAS VIDAS”.


 
Ademais oubo tres premios por valor de 50 € canxeables por material educativo, deportivo e/ou música para Leticia Valije Martelletta, Nazaret Vaqueiro Pereira e Carolina Márquez Riveiro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.