Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 07 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

Os nenos disfrutan xa das novas instalacións do parque infantil do Montiño, en Rebordáns

[Img #24697]

 

Dende esta semana nenas e nenos disfrutan xa das novas instalacións do Parque Infantil do Montiño en Rebordáns. Este espazo foi renovado polo Concello cun investimento 26.494,86 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015.


Onte martes, ás seis da tarde, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, achegábanse ata Rebordáns para a apertura deste espazo. Tamén estiveron presentes membros da AAVV de Veciños, así coma algúns veciños que non se quixeron perder o estreo dunha obra que demandaban dende hai tempo.


A actuación no parque infantil do Montiño súmase a realizada xa no do Penedo no Paseo Fluvial. Os próximos espazos a renovar serán os parques infantís de Caldelas e de Pexegueiro. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.