Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 05 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño celebra o vindeiro domingo, día 8, a ‘Festa dos Cachos’

[Img #24712]

 

O concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, os representantes da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, o presidente da Asociación de Hostaleiros, José Manuel Fernández, entre outros integrantes de colectivos da vila, presentaron este mércores a ‘Festa dos Cachos’, que se celebra este domingo, día 8, no barrio do Cristo dos Cachos.


Marcelino Coto salientou a importancia que ten para o Porriño a recuperación desta tradición, que se perdera na década dos 80 do século pasado, e a laboura “altruista, constante e desinteresada” dos organizadores da mesma, “apoiados polo Concello que, un ano máis, suma o seu apoio para o seu mantemento”.


Coto amosouse convencido que a festa atraerá non so aos veciños do Porriño, senon a visitantes chegados de toda a provincia e, ademáis, quixo poñer en valor a aportación da Asociación local de Hostaleiros que axudaron a darlle máis pulo a esta iniciativa.


A festa dará comezo o domingo ao mediodía coa lectura de pregón, a cargo de Rebeca Leboso, que estivo presente na rolda de prensa de presentación da mesma e que dixo sentirse “moi orgullosa, coma porriñesa” de ser a pregoeira desta festa que amosa unha das tradicións centenarias da vila. Á lectura do pregón seguirá animación na rúa, sesión vermú, hinchabeis colocados polo Concello e, por suposto, a degustación dos cachos.


A historia dos cachos, como indicaron os participantes, “ven de lonxe”, dos tempos da resistencia das porriñesas e porriñeses contra a invasión napoleónica. Daquela no barrio, para honrar ao Cristo dos Aflixidos, instaurouse unha festa e, aos motivos relixosos, sumáronse outras actividades, entre elas  a gastronómica, cos centolos, os famosos ‘cachos’ coma protagonistas.


O presidente dos hostaleiros sinalou que os "cachos" se servirán a un prezo de 6 euros na carpa da festa, e de 7 euros nos seis restaurantes participantes na mesma: Val da Louriña, Maracaibo, Cólleo con pinzas, O Carreteiro, La de Chato e Manolo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.