GALICIA
Galicia acada en 2016 un total de 141 bandeiras azuis e ocupa así o primeiro posto nestes distintivos
A comunidade recibe un total de 123 bandeiras para os areais de 38 concellos; 18 para portos deportivos e conserva a distinción para 12 centros azuis.A comunidade galega acapara case o 15% das 586 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor.
![[Img #24740]](upload/img/periodico/img_24740.jpg)
A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nas primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2016. Galicia mantense á cabeza no número total de bandeiras azuis recibidas, cun 141 distincións para praias e portos deportivos; e na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, cun total de 123 praias galegas con galardón, despois de Valencia con 125 distincións.
Deste xeito, a comunidade galega acapara case o 15% das 586 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade Catalana (98 bandeiras).
O areal Naval (Oleiros), Arealonga (Barreiros), A Pampillosa (Foz), A ladeira (Baiona), O Con (Moaña), e Paxariñas (Sanxenxo) volven a obter este distintivo que non recibiran na pasada edición
Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas e que neste ano recupera o distintivo para a praia Paxariñas, que non obtivo en 2015. Por outro lado, celébrase o 30 aniversario das banceiras azuis en España e dúas praias galegas (Bastiagueiro, no Concello de Oleiros, e Grande, en Miño) súmanse ao listado de areais recoñecidos con esta distinción durante as 30 edicións consecutivas.
Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2015; e a recuperación da bandeira azul par a praia da Laceira, no Concello de Baiona e do Con, no municipio de Moaña.
Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Oleiros, pola súa banda, volve a sumar á lista de areais galardoados a praia de Naval, ao recuperar a bandeira azul que non obtivo en 2015.
Polo que respecta á provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos máis recoñecidos, con seis galardóns cada un, mantendo o número de bandeiras recibidas en 2015. Non obstante, ambos concellos suman unha incorporación Arealonga e A Pampillosa, respectivamente; mentres que o areal de Altar (Barreiros) e Os Xuncos (Foz) perden a bandeira azul, que si conseguiron en 2015.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2015 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.
Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, mentres que na provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos con máis distintivos a praias
É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 12 centros azuis, dun total de 64 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por sen quen de manter estes recoñecementos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149