MOS
Mos crea unha mesa de traballo con Confederación Hidrográfica e o Consorcio do Louro a prol dunha xestión "máis áxil"
Preténdense optimizar os tempos de tramitación en beneficio do Concello e os seus veciños.
![[Img #24736]](upload/img/periodico/img_24736.jpg)
O salón de sesións do Concello de Mos acolleu unha mesa de traballo a tres bandas entre a administración local, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Consorcio de Augas do Louro.
Por parte do Concello estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, e técnicos municipais. Tamén asistiron técnicos da Confederación Hidrográfica e por parte do Consorcio de Augas do Louro acudiu o seu xerente.
A mesa de traballo tiña o obxectivo de optimizar a coordinación entre os tres entes para mellorar o servizo ao cidadán. Deste xeito, segundo declararon os representantes municipais, Arévalo e Augusto, “tratamos de coordinar a tramitación de permisos e licenzas que require o Concello por parte da Confederación para a realización de obras de saneamento e traballos doutra índole que afecten ou pasen por instalacións con titularidade da Confederación Hidrográfica; coa finalidade de tentar axilizar ditos trámites minimizando o tempo de duración dos mesmos”. Deste xeito o que se pretende é dar axilidade á consecución de obras tanto municipais como promovidas por particulares.
A iniciativa de organizar reunións periódicas coma esta surxiu porque se detectou dende o Concello que os trámites e permisos non estaban a ser todo o rápidos que deberían, e para buscar unha solución a esta demora decidiuse convocar unha xuntanza na que buscar solución á mesma, xa que a administración local mosense é bastante dependente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o funcionamento desta inflúe notablemente nos procedementos de autorización de obras a realizar por parte do Concello e de particulares.
Así, con estas mesas de traballo nas que as tres entidades entran en comunicación directa, espéranse poder axilizar ó máximo as xestións en beneficio tanto da administración local mosense como da súa comunidade de máis de 15.000 veciños e veciñas.
Na xuntanza celebrada quedou patente así mesmo a boa sintonía, afán de colaboración e vontade de mellora dos representantes dos tres organismos presentes: Concello, Confederación e Consorcio do Louro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121