Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 09 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Poesía visual nas aulas de Porriño xunto ao poeta David Fernández Rivera

[Img #24728]

 

Ao longo destas dúas semanas, os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria do CEIP de Atios, Antonio Palacios e Santo Tomás, vivirán unha experiencia única grazas á visita do poeta, dramaturgo, director, artista plástico e educador, David Fernández Rivera (Vigo, 1986). Concretamente para compartir un novo taller apoiado na poesía visual, referímonos ao “Proxecto Caligrama 2000”. Unha dinámica que leva en vigor desde o 2008 e que ata a data percorreu diferentes institucións educativas tanto nacionais como internacionais. Esta actividade está organizada pola Concellería de Educación de Porriño, que dirixe Lourdes Moure.


O éxito desta dinámica débese fundamentalmente ao traballo dos nenos, que a través das direccións de Rivera, aprenden a explorar, interpretar e crear poesía visual. O máis sorprendente do traballo é que non se apoia nun material adaptado á infancia; todo o contrario, os infantes adéntranse nas entrañas, aparentemente complexas, de grandes clásicos como Joan Brossa ou Apollinarie, ademais da obra visual do propio David.


Outro dos puntos relevantes do “Proxecto Caligrama 2000” é o seu carácter interdisciplinar, e é que partindo sempre desde a imaxinación e creatividade, os alumnos mergúllanse desde unha perspectiva crítica cara valores tan importantes como o respecto á vida, animais, natureza, identidade persoal, etc... Así mesmo, o taller incide no debate sobre temas como a escravitude no século XXI, o consumismo, a rutina, a importancia da arte..., ademais de moitas outras cuestións propostas polos colexiais desde a efervescencia que lles dá o obter unha nova perspectiva.


E dicimos isto porque, se hai algo que cambia no alumno despois da visita de David Fernández Rivera, é a súa percepción da arte. En dúas horas, a expectativa aburrida e axiomática cara á tradición, descomponse no sorriso da liberdade e do aperturismo poético. De feito, o “Proxecto Caligrama 2000” busca o fomento do interese pola lectura, a arte en xeral e a formación dos consumidores culturais do futuro.


O “Proxecto Caligrama 2000” non só é un proxecto educativo, senón tamén unha reivinicación para reflexionar sobre o rol dos máis pequenos dentro do panorama cultural. O próximo curso David tratará de seguir impulsando esta proposta, xunto con outros talleres ou xornadas co obxectivo de continuar compartindo diversas perspectivas da poesía.


A Universidade del Valle de Colombia (Univalle), concretamente a súa Sede de Tuluá, presentou e estudou a poesía visual, escénica e fonética de David, xunto ás súas aplicacións educativas, a través de talleres como o “Proxecto Caligrama 2000”. Deste xeito, o poeta dá un paso máis na internacionalización da súa pedagoxía e compromiso educativo desde as artes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.