PROVINCIA
Areeiro alerta dunha praga de eirugas na provincia que devora as sebes de buxo "a grande velocidade"
Os técnicos teñen detectado xa a presenza da bolboreta en moitos xardíns públicos e privados da zona Sur e aconsellan aplicar insecticidas de orixe natural.
![[Img #24733]](upload/img/periodico/img_24733.png)
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de detectar unha praga de eirugas que nas últimas semanas está a devorar os sebes de buxo de parte da provincia, sobre todo na zona Sur. Estas plantas, características dos xardíns autóctonos galegos, están a quedar practicamente sen follas, polo que se advirte da necesidade de vixilancia e da aplicación de tratamento mediante insecticidas de orixe natural ou sintético.
Esta praga do buxo ten como protagonista unha especie de eirugas de bolboreta (Cydalima perspectalis) orixinaria do leste de Asia (Chinesa, Corea, Xapón) que se detectou por primeira vez en Europa en 2007, concretamente en Alemaña, e que desde entón parece ter unha relativamente rápida expansión polo continente. Foi detectada na Península Ibérica en 2014, cando os técnicos de Areeiro a atoparon nun sebe do sur da provincia. "Na actualidade sabemos da súa presenza en sebes de diferentes municipios da metade sur de Pontevedra e, nos últimos días, ao facer unha inspección das camelias do Mosteiro de Poio, comprobamos que os buxos dos xardíns están completamente afectados", explican dende a Estación Fitopatolóxica.
Estas eirugas son moi voraces e poden chegar a consumir toda a masa foliar do buxo. Noutros países comprobouse que pode atacar tamén á cortiza das plantas, conducindo ata ao seu secado e morte. Polo tanto, dende Areeiro alertan de que non se debe agardar a que se produzan estes danos, senón que debe actuarse ao comezo de observar as eirugas ou as defoliacións.
Nestes momentos estase a desenvolver a primeira xeración da praga e as eirugas que non sexan eliminadas crisalidarán. Despois xurdirán os adultos da segunda xeración que realizarán unha nova posta e darán lugar a novas eirugas, que se espera que aparezan sobre o mes de xullo en condicións climáticas normais.
"Debido á crecente incidencia da praga, en Areeiro estamos preparando unha ficha técnica sobre ela que publicaremos nos próximos días na páxina web", subliñou a técnico Rosa Pérez, que aconsella aplicar insecticidas a base de materias activas do tipo aceite de parafina ou azadiractin (ambos de orixe natural), cipermetrin, deltametrin ou outros piretroides (de orixe sintética), procurando mollar moi ben a totalidade da planta, xa que fan efecto por contacto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213