Provincia
Falece o tripulante dunha embarcación que envorcou en Cabo Home
Ás 09:15 horas desta mañá, o CAE 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba dunha embarcación envorcada con dous tripulantes a bordo en Cabo Home, en Cangas. Tras recibir a chamada do alertante, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Salvamento Marítimo que, de contado, activou un operativo de rescate. Así mesmo, informou ao Servizo de Garda Costas de Galicia e solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil.
Segundo informaron dende Salvamento Marítimo, os dous tripulantes se atopaban pescando na zona, cando unha corrente de auga os arrastrou contra as rochas. Foi a Garda Civil quen, comunicou ao CAE 112 Galicia que unha patrulla rescatara a un dos náufragos na zona das rochas do Faro Branco, con diversas lesións e, que eles mesmos trasladaron ao centro de saúde da localidade. O outro tripulante foi recuperado polo helicóptero de Salvamento que, unha vez rescatada a persoa e mentres o persoal sanitario lle practicaba os primeiros auxilios, tomou terra no Peirao de Guisar, onde tamén agardaba unha ambulancia. Maila que, o tripulante foi rescatado con vida e tras os intentos de reanimación, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A embarcación “Salvamar Mirach”, un helicóptero, o remolcador “María Pita” e outras embarcacións que fanaban pola zona, así como, a Garda Civil, Urxencias Médicas e os efectivos de Protección Civil participaron no dispositivo posto en marcha por Salvamento Marítimo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213