Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 08 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello anima ós nenos mosenses a participar no concurso de debuxo do Consorcio de Augas do Louro

Os cativos deberán realizar unha creación pictórica sobre o ciclo da auga e presentala ata o 22 de maio.

A concelleira de Medio Ambiente de Mos, Julia Loureiro, informou  que se atopa aberto o prazo de presentación de obras no I Concurso de debuxo infantil “O ciclo da auga, unha aventura para valentes”.


 
Ata o día 22 de maio os cativos mosenses poderán presentarse ó concurso de debuxo posto en marcha polo Consorcio de Augas do Louro.

 

A edil Julia Loureiro explicou sobre esta iniciativa que participarán nela todos os centros educativos do Concello de Mos, os cinco colexios públicos: CEIP de Petelos, CEIP Pena de Francia, CEIP Atín, CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos e Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda; e o Colexio Lar. Loureiro fixo visitas a estes seis colexios acompañada dun representante do Consorcio do Louro para presentar esta actividade na que, segundo a concelleira, “todos aceptaron participar moi gustosamente por considerala unha iniciativa moi enriquecedora, instructiva, didáctica, educativa; así coma creativa e divertida para os alumnos e alumnas que cursan Educación Primaria”.

 

Durante as visitas ós colexios, a representante municipal e o do Consorcio repartiron tamén para os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria exemplares dun conto ilustrado no que se explica o ciclo da auga, para que os participantes no concurso teñan coñecemento do que deben debuxar.

 

Os estudiantes poderán realizar as súas creación artísticas sobre calquera das fases do ciclo da auga e/ou do proceso de depuración e as obras serán sometidas a votación popular a través de Facebook.

 

O concurso vai dirixido a todos aqueles nenos e nenas que se atopen cursando 3º e 4º cursos de Primaria, ademais de no Concello de Mos tamén nos outros tres municipios integrantes do Consorcio de Augas do Louro: O Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Os nenos e nenas teñen que amosar nos seus debuxos como a auga chega dende a natureza ata as súas casas utilizando os diferentes elementos que forman o ciclo integral da auga. Para iso, os debuxos deberanse presentar no papel oficial que o Consorcio do Louro subministra para este concurso.

 

Os participantes que queiran ver unha referencia gráfica de como é o ciclo da auga poderán facelo na páxina web do Consorcio de Augas do Louro.

 

Entre todos os debuxos participantes realizarase una preselección de 6 debuxos por Concello. Estes debuxos estarán dispoñibles no enlace de Facebook habilitado dende a páxina web www.consorciodolouro.es para que os usuarios poidan votar e elixir ao gañador e aos dous finalistas de cada Concello a partir do luns 30 de maio.

 

O premio para os catro gañadores (un por cada Concello) será unha tableta Samsung 7’’ e o premio para os oito finalistas (dous por cada Concello) será unha cámara dixital acuática.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.