Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 07 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Tameiga acolle o I Festival Motorock

Durante dous días a parroquia mosense acollerá concertos de rock e actividades e exhibicións moteiras.

[Img #24757]

 

A Asociación Cultural San Martín de Tameiga organiza o I Festival Motorock que se celebrará en Costoias a fin de semana dos días 20 e 21 de maio. Dende a organización fan unha estimación de participación de 500 persoas / día.


O programa de dito festival constará o 20 de maio, venres, ás 18.00 horas dunha invitación a unha caña de cerveza de benvida, ás 18.10 horas a exhibición de Vespas e motos clásicas e ás 22.00 horas o comezo do festival.


A mostra de Vespas e motos clásicas realizarase na pista de fútbito (parte de atrás do recinto) onde haberá unha zona adecuada para amosar as motos que participen na exhibición. Tamén se realizará un concurso no que se premiará a moto mellor restaurada, a moto máis antiga e a moto más veloz (para elo realizarase unha proba). O xurado para o concurso constará de 7 moteiros que participan na organización.


O venres actuarán no festival, por esta orde, os grupos Bakintaun, Spoonful e Calle del ruido. As actuacións de cada grupo participante terán unha duración de 1.15 horas prevéndose que o último grupo actúe ás 01.00 horas da madrugada.


O sábado 21 de maio abrirase a xornada festiva ás 15.00 horas con café gratis para as persoas inscritas na ruta moteira turística. Ás 16.15 horas dará comezo a ruta polo Concello de Mos pasando polas diferentes parroquias e lugares de interese do municipio (tramo do Camiño de Santiago), inclúe unha parada no Pazo de Mos no que está organizada unha visita guiada coa colaboración da Fundación Pazo de Mos.


De regreso, ás 18.00 horas da tarde, dará comezo a Festa Moteira que constará dunha exhibición de rapaces con motos da Escola de Jorge Lorenzo de Pontevedra, seguida dunha exhibición do campión  Dani Pérez facendo acrobacias con quads e, para rematar, concurso entre moteiros durante o que se realizarán varias probas na zona do campo de futbito.


Ás 21.00 horas comezará a segunda xornada do festival de rock contando coas actuacións de tres grupos na seguinte orde: Damciento6, Cacikes e Cool Funeral. Ó igual que o venres, cada un actuará unha hora e cuarto e o último grupo empezará o seu conceto á 01.00 horas da madrugada poñendo fin a esta primeira edición do Festival Motorock.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.