PONTEAREAS
A Plataforma N120 segue traballando co obxectivo de acadar unha maior seguridade para as veciñas e veciños
Está decidida a facer todo o posible para solucionar o "grave problema de inseguridade".
![[Img #24747]](upload/img/periodico/img_24747.jpg)
As veciñas e veciños de Areas, Arnoso e Xinzo, están traballando xuntos baixo a Plataforma N120 para acadar un obxectivo común, que non é outro que darlle solución a unha problemática coa que diariamente se enfrontan as veciñas e os veciños ao empregar esta importante estrada de competencia estatal, e que vertebra a comunicación tanto a pé coma en vehículos dende estas tres parroquias ata o centro urbano de Ponteareas.
Nestas últimas semanas a dirección da Plataforma N120 tense reunido cos diferentes grupos políticos con representación no Concello de Ponteareas, e nestas reunións analizáronse as múltiples deficiencias e perigos aos que as veciñas se enfrontan diariamente.
Quedou claro o malestar veciñal coas distintas administracións públicas, que son as responsables deste grave problema que afecta a unha poboación de case 3.000 persoas dende fai máis de 20 anos.
A N120 presenta, dende o punto de vista da veciñanza presenta graves deficiencias, tales coma o escaso alumeado, a inexistencia de beirarrúas e pasos habilitados para poder cruzar con seguridade, ou as deficiencias nos accesos das estradas municipais coa N120.
"A día de hoxe a parroquia de Arnoso non dispón dun acceso seguro e os cruces de Areas presentan erros técnicos, que impiden un cruzamento seguro" explican.
Despois das reunións cos grupos políticos, o seguinte paso foi a presentación dun escrito ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra solicitando unha reunión urxente para tratar o problema.
Os acontecementos sucedidos nos últimos meses nesta estrada esgotaron a paciencia da veciñanza, que está disposta a chegar a onde faga falta para solucionar este problema. Non están dispostos a que suceda un novo atropelo ou unha nova morte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184