Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 06 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación concede máis de 1,1 millóns de euros en préstamos sen xuros a sete concellos

A Presidenta Carmela Silva destaca que a partida adicada á préstamos creceu neste ano en medio millón de euros.

[Img #24750]

 

A Deputación de Pontevedra concedeu a sete concellos da provincia  1.137.708,7 euros en préstamos sen xuros para diversas inversións e operacións de tesourería segundo informou a presidenta, Camela Silva.


Esta é a primeira vez que a Deputación concede estes préstamos  sen ningún tipo de coste para os concellos. Con anterioridade os concellos para poder dispor deste diñeiro tiñan que aboar uns xuros do dous por cento anual da cantidade disposta.


Carmela Silva destacou que este ano  adicouse medio  millón de euros máis do que contaba en 2015 pero co sistema de concorrencia competitiva e igualdade de condicións para todos os concellos.


Os sete concellos que pediron os préstamos e foron aprobados son os de Fornelos de Montes, por importe de  49.500 euros para mercar un camión grúa; Silleda, por importe de 202.500 euros para unha operación de tesourería;  Catoira, por un importe de 287.243,68 euros para unha operación de tesourería; Poio, por un importe de   72.649,31 euros para financiamento de diversas inversións; Pazos de Borbén, por importe de  169.958,62 euros para a construción campo de fútbol de Nespereira;  A Cañiza, por importe de  55.856,91 euros para actuacións en infraestruturas municipais; e Salceda, por importe de 300.000 euros para unha operación de tesourería.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.