PROVINCIA
Primavera do Cine proxectará de forma gratuíta a película “El Rayo” en catro parroquias de Vigo
As asociacións de veciños escollidas son as de Lavadores, Beade, Candean e Bembrive.
Coma xa se anunciara o pasado febreiro, o Festival Primavera do Cine ten a intención de que toda a cidade de Vigo respire cine durante a súa quinta edición. Para cumprir este obxectivo, a organización do festival ven de formar un acordo con catro asociacións de veciños de distintas parroquias de Vigo para proxectar de forma totalmente gratuíta a longametraxe El Rayo, de Fran Araújo, película gañadora da terceira edición.
A primeira proxección realizarase mañá sábado, 7 de maio, ás 18.30 horas na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores. A seguinte terá lugar o 14 de maio ás 18.00 horas na Asociación de Veciños de Beade. O 15 de maio, á mesma hora, El Rayo trasladarase ata á Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candean. Por último, o 16 de maio, de novo ás 18.00 horas, Primavera do Cine desembarcará na SCDR Helios de Bembrive.
El Rayo, cinta de 2013 dirixida por Fran Araújo, conta a trepidante historia dun inmigrante marroquí que merca un tractor para poder regresar a súa cidade natal dende o sur de España, onde traballa. Grazas a súa mensaxe de coraxe e perseveranza, esta cinta erixiuse coma gañadora na sección de longametraxes da terceira edición do festival.
As proxeccións de El Rayo estarán precedidas por unha presentación do programa oficial da quinta edición. Despois dos créditos finais, abrirase un debate para comentar a temática da película. Debido a súa recente lesión no talón de Aquiles, o director do festival, Juan de Castro, non poderá facer acto de presenza, polo que será Alfonso Castaño, o axudante de dirección, o encargado de presentar estas proxeccións.
Con esta iniciativa de colaboración, Juan de Castro pretende “estender a boa nova do cine” e “crear xerme” antes do inicio da vindeira edición. De Castro quere que as xentes das parroquias accedan a “outro tipo de discurso cinematográfico distinto ao que ofertan as salas comerciais”. Cabe destacar que esta é a primeria vez que Primavera do Cine colabora con asociacións de veciños para proxectar filmes.
A quinta edición do Festival Primavera do Cine celebrarase entre o 19 e 29 de maio. A sección oficial, anunciada ao longo desta semana, estará formada por máis de 50 curtametraxes e 20 longametraxes, tanto galegas como lusófonas. A organización ofrecerá abonos por 18 euros ata o día 12 de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121