Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Concellería de Emprego organiza distintos cursos, para desempregadas e desempregados

[Img #24765]

 

A Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, ven de poñer en marcha varias accións formativas dirixidas a veciñas e veciños empadroados no Porriño e que se atopen en situación de desemprego. A concelleira, subliña que estes cursos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores ou que poden constituír un oco de mercado á hora de crear unha empresa.


A actividade formativa, que é constante, abrangue un curso de Fibra Óptica, outro de CNC, para torneiros fresadores, “que se realizará tendo en conta a dispoñibilidade das empresas” que demandan este persoal, un de Manipulador, dous cursos de Alérxenos, un de Motivación, “que responde a unha demanda de emprego” e, nos vindeiros días, convocarase un de Maquillaxe e Perruquería, aproveitando a aula específica, que estar´enfocado ao eido artístico. Ademais, nas vindeiras datas, a Concellería de Emprego abrirá o prazo, “con moito tempo”, para un curso de Drones.


Soledad Girón indica que, así mesmo, o Concello ven de optar a varios obradoiros convocados pola Xunta, un deles para Forestal, que se impartiría no Louro, outro de Atención Sociocultural, no Centro de Torneiros e dous de Albanelería e Xardinería, que se impartirían na Escola de Covelo.


A totalidade dos cursos, para os cales a inscrición estará aberta do día 16 de maio ao 3 de xuño, son de balde e, como se sinala nas bases dos mesmos, están organizados para persoas empadroadas no Porriño, maiores de idade e anotadas nas oficinas de emprego da vila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.