PROVINCIA
Declaración Día de Europa na Deputación de Pontevedra
"A Europa que queremos"
Un día como hoxe, fai xa 66 anos, Robert Schumann, ministro francés de Asuntos Exteriores, pronunciaba un discurso para impulsar a cooperación política entre as nacións de Europa que se converteu no xerme do que hoxe coñecemos como Unión Europea. Foi tal a transcendencia da declaración de Schumann que se escolleu o día de hoxe, 9 de maio, para celebrar e conmemorar o Día de Europa.
Europa vive na actualidade unha das maiores crises humanitarias do noso tempo, en niveis nunca vistos desde a II Guerra Mundial. Millóns de persoas refuxiadas, máis da metade sirias e sirios, están a chegar a Europa fuxindo da guerra en condicións infrahumanas e deixando atrás os seus fogares, os seus seres queridos, o seu traballo, o seu país, todo o que tiñan na súa terra,na procura de seguridade e dun futuro mellor.
Persoas cuxo único delito é loitar pola liberdade, pertencer a un determinado grupo social ou ter unha opción política ou relixiosa diferente á que por obrigación se está a impoñer.
Persoas que poñen en perigo ata as súas propias vidas para atopar en Europa esperanzas, paz e solidariedade e, no seu camiño, atópanse cun muro que non responde ás súas perspectivas; cunha Europa cuxos principais valores estanse a esvaecer; cunha Europa que incumpre os convenios internacionais de dereitos humanos; cunha Europa que esquece o dereito internacional de asilo e atención ás persoas refuxiadas.
Desde a Deputación de Pontevedra non queremos permanecer alleos a esta realidade. Tampouco ao sufrimento de milleiros de persoas que debido a crise, tamén aquí neste país, convertéronse en vítimas inocentes dun sistema brutalmente inxusto onde o desemprego, a pobreza, a perda de valores,o individualismo ou a xenofobia, que criamos ter superado, teñen agora que volver a ser desterrados.
Por iso conmemorar o Día de Europa é hoxe máis necesario que nunca. Porque a Europa que estamos a vivir non é a que queremos. Porque precisamos volver á orixe de Europa e reivindicar, enxalzar e poñer en valor os principios cos que naceu, asentados na paz, os seus valores e o benestar dos pobos; na igualdade, liberdade e democracia; na solidariedade, cooperación e a xustiza; na tolerancia e non discriminación;no pluralismo,proxecto común e unidade e, por riba de todo, na defensa dos dereitos humanos, especialmente os dereitos das nenas e dos nenos, e o respecto á dignidade humana.
Valores e principios, todos eles, recollidos no propio tratado da Unión Europea así como en leis, declaracións, pactos internacionais que durante décadas se veñen formulando para promover e protexer os dereitos humanos, e que hoxe parece que estamos a esquecer. Por iso precisamos, máis que nunca, loitar e reivindicar o compromiso e a implicación de todos os axentes políticos e sociais para preservar a paz e a seguridade internacional; para salvagardar os dereitos das persoas, os principios dos que tanto, ata o momento, presumimos na Unión Europea.
Agardo que coa conferencia “Cara onde camiña a Unión Europea?” de Celso Cancela, profesor doutor de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e Titular da Cátedra JeanMonnet “Understandingthe U.E. in the 21st century”; co debate “Como ves a Unión Europea: visións diversas”, no que participará alumnado da Universidade de Vigo procedente de Italia, Brasil, Rumanía, Francia e España; e co intercambio de experiencias para divulgar vínculos existentes entre a Deputación de Pontevedra e Europa, poidamos afondar sobre estas e outras moitas cuestións sen perder de vista que a Europa que estamos a vivir non se corresponde coa Europa coa que estamos comprometidos.
Estou segura de que neste día, e a través destas xornadas,todas e todos imos reflexionar para romper as barreiras que hoxe Europa está a construír. Temos o deber e a obriga de manter vivo o espírito do nacemento da Unión Europa e loitar para recuperalo e converter ó noso continente na Europa dos valores; na Europa dos dereitos humanos; na Europa da cidadanía; na Europa que todas e todos queremos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149