Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 09 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo tilda ó goberno provincial de "irresponsable e demagogo" por desviar a atención coas sensibilidades

Lembra que levan case un ano gobernando e que “a excusa do anterior goberno xa non vale”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, insta a Santos Héctor a que "non bote balóns fóra e asuma e recoñeza que a realidade é que a estrada povincial atópase completamente abandonada a pesar de tratarse do vial máis transitado da provincia de Pontevedra".


Nun comunicado lembra a rexedora local mosense que "hai redactado para esta estrada un proxecto de mellora en dúas fases. A primeira fase, Rebullón-Puxeiros, foi acometida polo anterior goberno provincial presidido por Rafael Louzán e a segunda fase, Puxeiros-Peinador (onde se atopa o paso de peóns onde aconteceu o atropelo), está tamén proxectada pero non sabemos nada e na Deputación non nos din que vai a pasar con ela. Trátase este dun proxecto de mellora integral moi necesario para esta zona e que non só inclúe o pintado do paso de peóns, senón que contempla ademais beirarrúas, iluminación, semáforos, sinalización horizontal e vertical, etc; un proxecto integral que co cambio de goberno provincial quedou apartado nun caixón", lamenta Arévalo.


“E agora sucede un accidente grave nun paso de peóns que está sen pintar e o señor Sántos Héctor pretende que me quede quieta e calada cando a miña obriga é a de defender os dereitos e os intereses dos veciños de Mos”, insiste a alcaldesa, quen aclara que por moito que a ataquen non deixará de cumplir coas súas obrgacións como representante dos e das mosenses.


Así mesmo, Nidia Arévalo, calificou de vergonzoso que “tras case un ano gobernando sigan utilizando a excusa do goberno anterior”. “Esa excusa xa non vale”, di Arévalo, “como tampouco vale desviar a atención excusándose nas sensibilidades e facendo demagoxia dicindo que non respectamos o dor da familia da ferida; si que o facemos, moito máis que o goberno provincial, e denunciamos para defender a súa seguridade e a do resto dos habitantes de Mos, así que non tenten enturbiar a realidade, que é a que é: a parálise da Deputación de Pontevedra dende o cambio de goberno”. Unha simple mostra de dita parálise, simple pero moi gráfica, é que o parque de maquinaria atópase parado, funcionando a medio gas e producindo un 10% menos, cando antes fabricaba 1.000 toneladas diarias.


Arévalo concluiu as súas declaración a este respecto cunha reflexión sobre a que lle pediu que pensase tamén ao señor Santos Héctor “imaxínese que se tratase dun vial municipal en lugar de provincial, se o Concello levase un ano sen pintar un paso de peóns a pesar das reiteradas solicitudes da oposición e sucedese nel un desgraciado accidente, que cre que me diría ou que faría o PSOE de Mos?; pois voulle contestar eu mesma, denunciaría ó igual que o fixen eu, para tratar de obter unha reacción e unha solución ó problema coa intención de protexer ós veciños e veciñas de Mos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.