SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro solicítalle a Medio Rural unha xuntanza pública para informar do Nematodo
O pasado 30 de abril apareceron nos medios de comunicacións informacións dun novo foco do nematodo do piñeiro en Salvaterra.
A asociación Lazoiro vén de presentarse no rexistro do Concello de Salvaterra e de Miño e na Consellería de Medio Rural unha solicitude de información en relación á praga do nematodo do piñeiro e a súa situación actual, ademais dunha xuntanza pública con persoal de dita consellería.
Entenden que é de vital importancia que as distintas administracións implicadas poñan os datos ao dispor dos veciños e veciñas, en especial debido aos últimos acontecementos que falan da reaparición da praga en determinados puntos.
Ademais, dende Lazoiro destacan o gran problema e alarma que xa supuxo en anteriores ocasións causadas pola gran descoordinación na propia Consellería de Medio Rural e demais organismos implicados, sumados sempre á falta de información dada ás persoas afectadas, algo que non pode volver a acontecer. Por iso dende Lazoiro insisten en que se debe facer de forma urxente unha reunión pública co persoal de Medio Rural onde se aclare a situación e coa implicación dos concellos afectados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217