Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 09 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Evacúan unha nave industrial de Moaña ao declararse un incendio

[Img #24791]

 

Un incendio declarado esta tarde nunha nave industrial do concello de Moaña obrigou a evacuar a todos os seus empregados. Segundo os primeiros datos, ninguén resultou ferido.O 112 Galicia tivo constancia do incendio ás 18:00 horas desta tarde.

 

A nave sitúase no lugar de Verdeal, na parroquia de Domaio. O lume comezou nunha estancia situada na parte alta do inmoble, nunha sala na que se manipulan compostos químicos. Nese espazo tamén hai un tanque de amoníaco. Así e todo, polo de agora descoñécese a orixe do lume. O persoal do CAE 112 Galicia alertou decontado aos Bombeiros do Morrazo, de Vigo, do Baixo Miño e do Salnés-Ribadumia, que enviaron dotacións ao lugar. A esta hora todos os efectivos seguen a traballar nas tarefas de extinción. O 112 Galicia tamén puxo todos estes datos en coñecemento da Policía Local, de Protección Civil e da Garda Civil.

 

O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias está xa en situación de alerta por se nos vindeiros minutos se solicita a súa intervención. Na zona arestora hai unha intensa fumareda, visible dende varios puntos da comarca. O fume tamén podería complicar a circulación nalgunha estrada da zona, como na AP-9. Un condutor que circulaba por esa autoestrada xa contactou co 112 Galicia para informar de que na contorna da Ponte de Rande o fume está a dificultar a visibilidade.

 

Por esa razón, o 112 Galicia tamén alertou aos efectivos de conservación desa vía e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.