Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva reconoce o "inmenso traballo" feito polos servizos contraincendios do consorcio provincial

A Presidenta da Deputación mostrou o seu apoio ao presidente de Fandicosta e os seus traballadores.

[Img #24798]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo hoxe, na súa visita á fábrica de Fandicosta en Moaña, mostrar o seu recoñecemento aos traballadores e traballadoras dos servizos contraincendios do consorcio provincial polo operativo desenvolvido dende a tarde de onte luns. “Temos que estar moi orgullosos polo traballo feito por todos os implicados no operativo desenvolto polo consorcio provincial contraincendios e felicitar a todos os traballadores e o seu novo xerente”, subliño a Presidenta.


Carmela Silva acudiu hoxe xunto á alcaldesa de Moaña, Leticia Costas, e os deputados provinciais, Carlos Font e Xosé Leal, ate a factoría de Fandicosta para coñecer a situación real. Silva mostrouse impactada polo efecto devastador do lume nas instalacións da empresa pesqueira  que na tarde do luns rexistrou  un incendio de grandes proporcións.


A Presidenta da Deputación mantivo un encontro co presidente de Fandicosta, Angel Martínez, ao que transmitiu que “dende as administracións estaremos ao carón da empresa e dos seus traballadores”. Martínez transmitiulle a Carmela Silva a intención da empresa de manter a actividade, o emprego e  recuperar a produción en canto sexa posible. Para a Presidenta as intencións da empresa son unha gran noticia xa que garantizará o mantemento da actividade e do emprego dunha das grandes empresas do sector pesqueiro da comarca viguesa.


Silva tamén poido falar con algunhas das traballadoras, maioritarias na plantilla de Fandicosta,  que acudiron hoxe ate a fábrica para interesarse  pola situación das instalacións e o efecto do lume nos seus postos de traballo.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.