Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Os Drones da AXEGA supervisan as instalacións da nave de Moaña

[Img #24799]

 

A Unidade Operativa de Drones da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) supervisa as instalacións de Fandicosta para comprobar o estado actual da nave, despois do incendio iniciado na tarde de onte no Concello pontevedrés de Moaña. Aínda que, a situación está controlada, os servizos de emerxencia continuarán traballando arreo ata lograr a súa completa extinción.

 

A  Xunta de Galicia desactivou esta mañá o Plan de Emerxencias de Galicia (Platerga), no seu nivel 1,  e, o Plan de Contaminación Marina de Galicia (Camgal) en fase de alerta que, dende onte permanecían activados ante a posibilidade de producirse algunha fuga dos materiais cos que se traballaba na nave. Por prevención, decidiuse suspender as clases ao longo da xornada de hoxe nun centro escolar próximo, o CEIP Domaio. Os bombeiros do Morrazo indicaron ao CAE 112 Galicia que o lume está controlado, quedando algún pequeno foco interior. Ademais, os datos obtidos coa unidade móbil de calidade de aire, situada en Cesantes, mostran concentracións baixas de contaminantes. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.