Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos participa nunha Xornada sobre Proxectos Europeos

O encontro, centrado en materia de educación, celebrouse esta mañá na localidade do Porriño.

[Img #24823]

 

O concelleiro mosense Camilo Augusto asistiu esta mañá na veciña localidade de O Porriño a unha Xornada sobre Proxectos Europeos xunto co coordinador de proxectos europeos do porriñés IES Ribeira do Louro, Amador Ordóñez Puime, e a concelleira de Educación do Concello do Porriño, María Lourdes Moure Varela.


O obxectivo principal desta xornada era presentar ós asistentes unha proposta de Estratexia de Colaboración Conxunta en Proxectos Europeos, promovida polo Concello de O Porriño e o IES Ribeira do Louro, que pretende crear una rede de colaboración non só para animar ós centros de formación a distintos niveis a participar en  proxectos europeos, senón tamén para apoialos en esa tarefa, axudando na definición da estratexia, na procura de socios estranxeiros, na elaboración dos formularios de solicitude, elaboración de informes e outros. Durante esta xornada fíxose un repaso ás posibilidades que ofrece o Programa Erasmus+ para a realización de proxectos internacionais para Educación Escolar, Educación de Adultos, Formación Profesional e Educación Superior. 


O seminario rematou cunha posta en común de tódolos asistentes para compartir ideas e experiencias cos compañeiros dos centros educativos e concelleiros de Educación das localidades de toda a comarca do Baixo Miño-Louriña e Condado-Paradanta.


Ademais de representantes de O Porriño e Mos, estiveron presentes representantes dos centros educativos e edís dos municipios de Salceda, Salvaterra de Miño, Ponteareas e Tui.


As conferencias impartidas ó longo da mañá foron O Programa Erasmus+, Unha Visión Xeral; Experiencias en Proxectos Europeos no CIFP Manuel Antonio, Proxectos de Formación Profesional; Experiencias en Proxectos Europeos no IES Luis Seoane, Rede de Escolas Unesco; Experiencias en Proxectos Europeos no CIFP A Granxa, Proxectos de Educación Superior; Experiencias de Proxectos Europeos no IES Ribeira do Louro, Proxectos de Educación Escolar e de Adultos, Mobilidade fóra da Unión Europea; Experiencias de Participación en Mobilidade de Formación do Profesorado e Estratexia Colaborativa para a Participación en Proxectos Internacionais.


O edil mosense Camilo Augusto calificou esta iniciativa como “moi enriquecedora e ideal para o fomento de estratexias europeas en materia de educación, así como de apoio ós centros educativos á hora de deseñar e promover ambiciosos proxectos europeos en beneficio, en última instancia, dos e das alumnas que, o fin e o cabo, son o noso principal e primordial obxectivo”, declarou Augusto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.