Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 10 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Servizo de Emerxencias de Mos xa conta con novos medios de radiocomunicación de urxencia

O novo material foi cedido en propiedade ó Concello pola consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

[Img #24822]

 

O xefe territorial de Emerxencias de Pontevedra, Evaristo Juncal, entregoulles onte no Concello de Mos á alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Emerxencias, Medio Ambiente e Urbanismo, Julia Loureiro, e o coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, un terminal de radiocomunicación de gama alta para o acceso aos servizos da Rede Corporativa de Comunicacións Móbiles Dixitais de Emerxencia e Seguridade de Galicia para a realización de funcións de protección civil e emerxencias, que axilizarán a resposta en intervencións de urxencia.


O terminal, cedido en propiedade ó Concello de Mos pola dirección xeral de Emerxencias e Interior da consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ven acompañado dunha batería adicional, un cargador individual, un cargador de coche e unha funda.


Para dita cesión subscribiuse un convenio de colaboración entre a administración local mosense e a autonómica, asinado pola rexedora municipal, Nidia Arévalo, e o conselleiro Alfonso Rueda. Previo á sinatura do convenio, o Concello de Mos presentouse á convocatoria da Xunta de subvencións en especie para equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia.


Respecto da solicitude e concesión desta axuda, pola que se amplían os medios materiais do Servizo Municipal de Emerxencias, as representantes locais, Arévalo e Loureiro, declararon sentirse “moi satisfeitas, xa que con este incremento dos medios materiais poderemos optimizar os labores de seguridade en lugare públicos, protección civil e extinción de incendios; cumprindo coa prestación á cidadanía dos servizos públicos que contribúan a satisfacer as súas necesidades, así coma as aspiracións da comunidade de veciños”.


Tras a posta en marcha a Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia, foi preciso realizar a dotación de terminais para conectarse á mesma e poder realizar comunicacións mediante dita rede. Deste xeito a Xunta de Galicia procedeu á adquisición de terminais mediante un acordo marco que establece as condicións de subministración. O Concello de Mos, como municipio dotado de Servizo de Emerxencias, adheriuse á Rede Dixital e agora poderá comezar a beneficiarse de dita adhesión ó dispoñer xa do terminal de radiocomunicación necesario para facelo.


O Concello de Mos é base de emerxencias de toda a comarca en temas de Medio Rural durante a tempada estival, sendo o centro neurálxico de acción; de ahí a importancia de incorporar este novo medio de radiocomunicación ás súas dotacións materiais.


O Servizo Muncipal de Emerxencias de Mos coordina durante o verán as campañas contra incendios forestais de todo o Distrito Forestal 18, sendo o centro da Veigadaña a base de operacións e punto de reunión dos medios humanos que dan servizo a un total de 16 concellos que son Vigo, Mos, O Porriño, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Tui, Nigrán, Gondomar, Baiona, Tomiño, O Rosal, Salceda de Caselas, Soutomaior, Oia e A Guarda.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.