Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 12 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación adxudica 46.000€ ao Concello de Salceda de Caselas

O goberno provincial entregou xa o 49 % do total destinado a Salceda de Caselas dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 280.302,80 €

[Img #24830]

 

A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de outorgar unha axuda de máis de 45.000 € ao concello de Salceda de Caselas para a adquisición de material de construción, en concreto, 27.225,00 € para o financiamento dun camión con grúa e volquete e, pola outra banda, 18.755,00 € con motivo da adquisición dunha minipala escavadora. A subvención a esta edificación de titularidade municipal atópase enmarcada na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

 

Esta contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial. Ata o momento a Deputación leva entregados 85.208,29 €, correspondentes á liña 2, destinados á iluminación pública. Ademais, 21.302,07 €, na liña 3, para o financiamento da Festa dos Callos 2016, o programa de asesoramento en materia de xénero, a "Carreira Popular 10k" e o programa de atención ás demencias neurodexenerativas, e, por último, 127.812,44 € na liña 4 para a contratación de 24 traballadoras e traballadores.

 

No que levamos de 2016 a Deputación provincial leva investidos na vila 280.302,80 €, o que representa o 49 % do total destinado a Salceda de Caselas dentro de Plan Concellos 2016. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.