Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 12 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Comeza a campaña de detección precoz do cancro de mama en Mos

Dende o Concello anímase ás mulleres de 50 a 69 anos a facerse a mamografía gratuíta.

A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informou onte de que todas as veciñas de Mos con idades comprendidas entre os 50 e 69 anos, ambas incluídas, teñen a oportunidade de realizar unha mamografía gratuíta gracias ó Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama.

 

Dito programa foi posto en marcha pola consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, AECC, e xustamenteonte iniciaba a súa campaña no Concello de Mos.

 

As mamografías faranse na Unidade Fixa de Exploración, ubicada na Casa do Mar, en Beiramar 51, segunda planta, en Vigo. Mediante unha carta comunicaráselles ás beneficiarias o día e hora que teñen que acudir, pero se alguna mosense no rango de idade antes indicado non recibise a notificación pode chamar ó teléfono 981141414 para concertar a súa cita.

 

A edil Sara Cebreiro anima ás mulleres de Mos a participar neste programa “xa que anticiparse e previr pode salvar vidas e é moi importante a prevención en determinadas enfermidades coma é o caso do cancro de mama”, declarou a concelleira mosense.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.