MOS
Mos presenta a súa programación conmemorativa do Día das Letras Galegas
Teatro, cine, música e fotografía integran un programa completo para todos os públicos.
A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, fixo hoxe pública a programación con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro martes, 17 de maio. O Día das Letras, que este ano honra á figura de Manuel María, conmemorarase en Mos durante tres días con espectáculos teatrais dirixidos a nenos e adultos, proxeccións cinematográficas, concertos e unha exposición de fotografía.
O 14 de maio a compañía Malasombra interpretará a obra dirixida a público adulto, Go On!!! ás 22.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.
O 16 de maio, tamén no auditorio de Torroso, o programa municipal da concellería de Participación Cidadá, Mos coa Butaca, proxectará o filme A Esmorga ás 22.00 horas.
E xa o propio 17 de maio a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Coral Polifónica Ventos do Val darán un concerto conxunto de homenaxe a Manuel María no auditorio de Torroso a partir das 12.00 horas do mediodía.
E o martes 17 de maio pola tarde ás 18.00 horas no auditorio do centro Multiusos das Pozas poderase asistir ó espectáculo de teatro infantil A Carapuchiña Vermella.
Exposición
O programa de actos das Letras Galegas inclúe este ano tamén unha mostra fotográfica con obras de Federico de la Peña Santos, titulada Escenarios da Prehistoria. Inaugurarase o día 14 de maio e permanecerá aberta ao público ata o 4 de xuño en horario de 17.00 horas a 21.00 horas de luns a sábado no Pazo de Mos.
Respecto da programación en xeral a edil Sara Cebreiro e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declararon que “foi deseñada con todo o cariño para honrar ás nosas letras e á nosa fala pensando en todos os públicos de todos os rangos de idades e todos os gustos”.
É por iso que as representantes municipais esperan que teña a máxima acollida de público e que todos os asistentes saian satisfeitos dos espectáculos, concertos e exposicións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61