Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 12 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra presenta os “Festivais Rías Baixas, sete citas que non deberás perder”

Esta actuación enmárcase nos eixos de promoción turística levados a cabo pola institución a través de Turismo Rías Baixas e que pretenden impulsar unha imaxe moderna, diferente, vangardista e auténtica da provincia.

[Img #24880]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada dos deputados provinciais David Regades e Xosé Leal, dos alcaldes da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, e Caldas de Reis, José Manuel Rey, do tenente de alcalde de Nigrán, das concelleiras de cultura de Bueu e Vilagarcía de Arousa, do concelleiro de cultura de Redondela e dos responsables dos eventos músico-culturais que integran a iniciativa da institución provincial, presentou esta mañá a campaña “Festivais Rías Baixas, sete citas que non deberás perder”, a través da cal se promoverán Cultura Quente (24 e 25 de xuño, Caldas de Reis), Atlantic Fest (1 a 3 de xullo, A Illa de Arousa), PortAmérica (15 e 16 de xullo, Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (22 a 24 de xullo, Redondela), SonRías (4 a 6 de agosto, Bueu), O Marisquiño  (12 a 14 de agosto, Vigo) e Revenidas (19 a 21 de agosto, Vilagarcía de Arousa). Esta actuación, enmarcada nos eixos de promoción levados a cabo pola institución a través de Turismo Rías Baixas, ten por obxectivo impulsar unha imaxe innovadora, moderna, diferente, vangardista e auténtica da provincia de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.