Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 13 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

San Martín de Tameiga albergará unha escola de motociclismo que presentou onte no Concello

A asociación cultural quixo expoñerlle o seu novo proxecto en persoa á alcaldesa e ó equipo de goberno.

[Img #24885]

 

A Asociación Cultural San Martín de Tameiga visitou esta semana o Concello de Mos para presentarlle á alcaldesa, Nidia Arévalo, o seu último proxecto consistente na creación dunha escola de motociclismo para nenos/as dende dous anos de idade en diante.


A asociación ven de asinar coa Escola de Pilotos Lorenzo Pontevedra un contrato  para que esta última faga uso das súas instalacións, concretamente da pista sita en Costoias, que será empregada como circuíto de adestramento.


O director da escola, Eduardo Torres, presente na xuntanza de onte, explicou que ata o de agora atopábanse instalados na veciña localidade de Vigo, en Freixo-Valadares; e agora trasladaranse a Mos, de ahí a reunión de presentación perante o equipo de goberno local mosense. Así, a de Mos pasará a ser a única Escola de Pilotos da provincia e de toda Galicia.


Ademais de adestramentos en motociclismo, a escola estará aberta á impartición de cursos en seguridade viaria, tal e como xa veñen facendo dende fai tres anos no mosense Colexio Lar.


Unha vez aberta a escola e iniciada a súa actividade, todos os interesados en formar parte dela, dende os 2 ata os 99 anos de idade, poderán inscribirse e comezar a tomar clases de motociclismo co requisito previo de terse federado na Federación Española de Motociclismo.


Tan só existen 41 Escolas de Pilotos Lorenzo en todo o mundo e 18 en España, entre as que pasará a atoparse a mosense. Ademais de nocións de motociclismo, os alumnos e alumnas desta escola, co mesmo método de aprendizaxe unificado para todas elas, reciben clases de mecánica, ioga, estabilidade, psicoloxía, etc.


Na reunión de onte pola tarde, ademais do director da escola e a rexedora local mosense, tamén estiveron presentes o presidente da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, Genaro Rodríguez, así coma outros membros da directiva da agrupación e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, Luis Alonso, concelleiro de Vías e Obras, o edil da parroquia de Tameiga, Óscar Soto; e o de Patrimonio e Coordinación de Asociacións, Camilo Augusto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.