MOS
Empresarios e administracións local e autonómica reúnense para buscar solucións para o Polígono do Rebullón
“Trátase dun enclave industrial estratéxico pero que precisa ser revalorizado”, declara a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
![[Img #24943]](upload/img/periodico/img_24943.jpg)
O xefe territorial de Pontevedra da consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, e o arquitecto e xurídico municipais reuníronse esta semana no salón de sesións do Concello con representantes de AEMOS, Asociación de Empresarios, e de varias empresas do Polígono do Rebullón para tratar de buscar unha solución ás deficiencias existentes no mesmo.
Previamente a esta xuntanza, o arquitecto municipal viña de realizar un informe valorado das necesidades do polígono que se centran fundamentalmente na canalización e xestión de augas pluviais e fecais e mellora do vial central, incluíndo a maiores a acometida dunha rede de hidrantes para a extinción de incendios e o soterramento do tendido eléctrico.
A mellora do vial central debería contemplar todo tipo de traballos de humanización como mellora do firme, acometida de beirrarúas e aparcadoiros, delimitación de vados, optimización do alumeado público, etc.
O custe de todos estes traballos podería superar os 480.000 euros sen incluír os labores de soterramento do cableado eléctrico, tratándose, polo tanto, dun proxecto moi ambicioso para o que se está a buscar o xeito máis idóneo de abordalo.
Entre as posibilidades que se trataron na reunión plantexouse a idea de mancomunar a conexión ós servizos e asumir o custe entre todos os empresarios asentados no Polígono do Rebullón, a posibilidade de que a consellería conceda unha axuda ó Concello e, á súa vez, a administración local asine un convenio coas empresas do Polígono; ou que a consellería de Economía e Industria asinase co Concello de Mos un convenio a dous anos para poder acometer esta ambiciosa obra.
As prioridades nesta área industrial son, en primeiro lugar, a canalización e xestión de pluviais e fecais xa que hai un muro con perigo de derrumbe por este motivo e, en segundo lugar, o proxecto de ordenación vial.
A rexedora local mosense comunicou onte que o Concello iniciará de inmediato a redacción dun proxecto constructivo de actuación no Polígono do Rebullón mentres se busca a fórmula máis idónea de financiación para poder, deste modo, reducir tempos de actuación.
Así mesmo Arévalo declarou a “necesidade de revalorizar esta zona industrial, estratéxica pola súa ubicación, pero que precisa dunha mellora estructural importante e vital para a subsistencia do polígono”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115