NIGRÁN
O Concello de Nigrán recupera para o décimo aniversario do Nigranjazz o concurso de carteis 'Quin Alborés'
O Concello de Nigrán recupera para a décima edición do Nigranjazz o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', para o cal está aberto o prazo de presentación de propostas ata o 10 de xuño ás 10.00 horas. O traballo gañador, premiado con 500 euros, será o que se empregue para a difusión do festival. Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.
O concurso está aberto a persoas físicas ou xurídicas de Galicia maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e relativas ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2, e serán enviadas por mail.
Os interesados deben prestar especial atención a todas aquelas indicacións que veñen recollidas nas bases (modo de envío, formatos, texto...).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184