PONTEAREAS
ACiP non apoia os presupostos do goberno ante "o perxuicio que supoñen para os veciños do noso Concello"
![[Img #24951]](upload/img/periodico/img_24951.jpg)
O grupo Municipal de ACiP, a través do seu Portavoz Municipal, Juan Carlos González Carrera, quere das a coñecer súa negativa "a apoiar os orzamentos que presenta o goberno tripartito de Ponteareas formado por BNG,PESOE E RIADA DO TEA, xa que non reflicten as necesidades dos veciños do noso concello".
Argumenta que "o goberno presenta uns orzamentos para o 2016 cando estamos rematando o mes de maio, que tendo en conta as posibles reclamacións e alegacións que haberá contra eles, non entraran en vigor hasta o mes de xullo, co cal son uns presupostos desfasados no tempo".
Ademais sinala "a situación caótica na que se atopa o Concello e sobre todo a Concellería de Facenda pois leva mais de sete meses dicindo que ían presentar uns orzamentos para este ano facendo públicos distintos datos. Mentres fai uns meses dicía que o presuposto para o ano 2016 alcanzaría mais de 14 millóns de euros, o pasado mes presenta un borrador a os grupos Municipais reducindo a 13 millóns e agora presenta para a súa aprobación no pleno un presuposto de menos de 13 millos co cal a seriedade brilla pola súa ausencia".
Asegura que "os grupos municipais da oposición fomos enganados nas dúas reunións as que fomos convocados, a ultima o pasado dia 11 de Abril na cal o goberno ante a falta de documentación necesaria para estudar os orzamentos e facer a nosas propostas, pasou de todo e ágora convócanos para estudar o borrador dos mesmos con intención de aprobalos no pleno do dia 18 de este mes. Unha burla mais aos veciños de Ponteareas que representamos os concelleiros da oposición, recordándolle ao goberno que somos maioría e non se pode aplicar o rodillo coa falta de información e a negativa a facilitar a documentación que reclamamos que por lei nos pertence".
Carrera explica que "na pasada comisión informativa do dia 11 de este mes o goberno fixo entrega do documento incompleto e sen o informe de intervención, secretaria e tesourería, documentos obrigatorios por lei para poder aprobar ditos orzamentos".
Para ACiP estes orzamentos "non son mais que o reparto de poder entre o BNG, o PSOE e Riada do tea, esquecéndose do que os veciños necesitan de un goberno que di chamarse de esquerdas".
Pregúntanse "onde esta a negociación cos sindicatos? Eles non están de acordo co que fai o goberno creando duas prazas a dedo unha de Inspector de Policía con un gasto de case 48.000 euros anuais anulando dúas prazas de policía que son a verdadeira necesidade en materia de seguridade do noso Concello ante unha policía inexistente".
Critican "a creación dunha praza de técnico de intervención con un custo anual de mais de 48.000 euros mentres os demais traballadores municipais ven como dia a dia redúcense o seus salarios, mentres se crean subidas abusivas e non xustificadas para este dous casos. Isto e una demostración do reparto de poder para o PSOE e BNG creando prazas interinas que pronto veremos quen ocupara. Onde esta a negociación dos orzamentos cos colectivos sociais? algo que reclamaban cando estaban na oposición e ágora esquécense e aplican o ródallo do goberno".
"Tamén explica que "este goberno nos últimos meses dedicouse a gastar o que non tiña e seguirá facendo o mesmo. Agora levan no orzamento un recoñecemento extraxudicial de facturas que contrataron cando non podían por non haber cartos sumando mais de 198.000 euros o cal recorta os capítulos de inversións para este ano sendo eles os que criticaban ao goberno cando estaban na oposición por estes mesmos feitos".
Carrera advirte que "Os informes de gasto dos últimos trimestre que se envía a o ministerio de facenda advirten que se esta gastando mais do que esta permitido" ademáis pregúntase "Onde están as propostas da oposición? o grupo municipal ACiP tiña una proposta para aforrar en gastos non prioritarios e destinar mais de 300.000 euros para servizos sociais, políticas de emprego, vivendas de aluguer axudas para os colectivos culturais e deportivos e no como agora que se destinan esmorgas para os mesmos".
Tamén se pregunta "Como se pode presentar un orzamento sen facer unha previsión dos ingresos do Estado cando o Ministerio de Facenda reten para compensar os mais de 1.500.000 euros das facturas de pago a provedores que remata este ano. O goberno solo aporta no orzamento pouco mais de 500.000 euros, Con isto os veciños corremos o risco que o Concello de Ponteareas incorra en un incumprimento esixido por lei e o Ministerio de Facenda recorte os ingresos que nos pertencen".
Dende o grupo Municipal de ACiP sinalan que o Orzamento para o ano 2016 ten unha previsión de gastos de 12.970,722 euros que se contradí co que gastaron o pasado año 2015 con un resultado de gasto de mais de 14.807.700 euros, co cal están a gastar mais do que poden co que este ano o Concello incrementara a súa débeda en mais 1.800,000 euros se seguen gastando o mesmo".
Ademáis explican que "o informe do interventor advirte claramente o incumprimento da lei de estabilidade presupostaría segundo o seo artigo 12 da Lei 2/2012 co cal as contas non son reais e non se cumprira o que a propia lei esixe".
O grupo Municipal ACiP presentara as súas propostas no período de alegacións "e esperamos que sexan apoiadas por los demais grupos da oposición".
"Desde ACiP esiximos ao Alcalde mais seriedade e responsabilidade ante un documentos que nace morto para o seu cumprimento".
Por úmtimo lamentan "a súa actitude gobernando de costas aos veciños que ven como dia a dia os servizos son mais deficitarios e que as instalacións municipais están en un estado lamentable de mantemento que no son de acorde a os impostos que pagan os veciños".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184