Mos
A Banda de Torroso e a Coral Ventos do Val enchen o auditorio durante a celebración institucional das Letras Galegas
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, animou ós presentes a celebrar este día grande da fala galega co don da palabra en galego
![[Img #24959]](upload/img/periodico/img_24959.jpg)
Como acto central do Día das Letras Galegas no Concello de Mos, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Coral Polifónica Ventos do Val deron un concerto conxunto de homenaxe a Manuel María no auditorio do Centro Dotacional de Torroso a partir das 12.00 horas do mediodía e que logrou un cheo absoluto resultando todo un éxito de afluencia.
A programación municipal deste ano con motivo das Letras Galegas na que se atopa incluído este concerto é moi variada e contempla tanto música como teatro, cine e fotografía. Respecto da programación a edil Sara Cebreiro e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declararon esta mañá que “foi deseñada con todo o cariño para honrar ás nosas letras e á nosa fala pensando en todos os públicos de todos os rangos de idade, e todos os gustos”.
É por iso que as representantes municipais alegráronse enormemente de que o concerto de hoxe tivera a gran acollida de público que tivo e que todos os asistentes sairan tan satisfeitos.
No seu discurso institucional, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, fixo referencia a que hoxe é unha xornada grande para todos os galegos e as galegas. Así mesmo, declarou que persoalmente sinte un profundo respecto por esta data, en primeiro lugar como alcaldesa de Mos, pero sobre todo como galega; e animou a tódolos presentes a que hoxe especialmente sentírannse orgullosos de ser galegos e reflexionaran sobre a beleza e a importancia da lingua galega.
“Hoxe é o día grande da fala galega, que cómpre celebrar co don da palabra, da palabra en galego; idioma de lírica insuperable e idioma vivo. É o idioma galego linguaxe de palabras inmortais que nos trasladan ao pasado por medio do vasto e ancestral legado literario galego. Inmortalidade dunha lingua cun poder case máxico, divino, que nos asegura que seguirá aquí sobre o papel, e recollida na historia, cando todos nós sexamos soamente unha lembranza. E este carácter histórico e imborrable da nosa fala temos que agradecerlla ós autores galegos que, como Manuel María, tiveron a ben escribir neste idioma co obxectivo de enriquecelo, transmitilo e, en definitiva, contribuír a que o galego gañase a vitoria sobre o tempo”, dicía Arévalo no seu discurso.
A alcaldesa rematou a súa intervención considerando que a mellor forma de celebrar as Letras Galegas é a de pronunciar palabras en galego, conversar en galego, falar galego. “Porque o galego é linguaxe científica, a lingua da Universidade, das administracións, dos grandes autores literarios e eruditos, pero tamén é a que se escoita no campo, na fábrica, no mar e no interior, nas charlas entre amigos e familiares, no día a día dos cidadáns de a pé”, dixo, e insistiu en que “somos e falamos galego, compartimos país e lingua, e nun día como o de hoxe, o mellor e máis fermoso que podemos facer é conversar en galego, disfrutar e compartir esta xoia que é a nosa lingua e que nos diferencia e nos fai un pobo singular e único”.
O acto central deste Día das Letras Galegas concluiu coa interpretación conxunta entre a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Coral Ventos do Val do Himno Galego que, xunto a interpretación previa do tema ‘Lela’, foron os dous momentos máis emotivos, fermosos e emocionantes deste concerto conmemorativo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115