PROVINCIA
A Xunta remite ao Concello de Vigo o convenio cos cambios pactados para que se incorpore ao Transporte Metropolitano
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, explicou que o documento contempla as garantías solicitadas polo goberno municipal e que vinculan a incorporación de Vigo á reforma da Lei da Área Metropolitana.
![[Img #24961]](upload/img/periodico/img_24961.jpg)
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, ven de remitirlle ao Concello de Vigo o convenio coas aclaracións solicitadas para formalizar xa a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu en rolda de prensa para informar de que o goberno local “xa ten no seu poder” o novo documento para que o Concello de Vigo cumpra o seu compromiso e se adhira canto antes ao transporte. Agora, o documento debe obter a aprobación da xunta de goberno local.
“Xa non hai máis escusas, é momento da incorporación de Vigo ao transporte”, considerou López-Chaves
Coma explicou, a Dirección Xeral de Mobilidade remitía oficialmente por rexistro o convenio e, de xeito paralelo, enviaba copia do mesmo por correo electrónico coas observacións formuladas. “Xa teñen o convenio modificado”, informaba López-Chaves, facendo referencia ás peticións solicitadas polo goberno municipal e que pasan por unha observación respecto da aportación económica que teñen que facer este ano de 2.500 euros e a que se refire á garantía que vincula a súa incorporación á reforma da Lei da Área Metropolitana. Neste senso, se establece que o convenio poderá ser obxecto de denuncia por calquera das partes no suposto de que a modificación da Lei 4/2012 do 12 de abril, da Área Metropolitana, non sexa aprobada antes do mes de setembro de 2016.
O delegado fixo fincapé en que por parte da Xunta de Galicia e dos restantes 13 concellos se cumpriron todos os compromisos acadados na pasada reunión do 22 de febreiro e que agora soamente falla que o Concello de Vigo cumpra co seu. “Xa non hai máis escusas, é momento da incorporación de Vigo ao transporte”, considerou López-Chaves, quen sinalou incluso que dito documento podería obter o visto bo da xunta de goberno local na súa vindeira sesión o venres desta semana.
O representante da Xunta na cidade reiterou que o Goberno galego cumpriu cos prazos comprometidos para a reforma da Lei da Área Metropolitana lembrando ademais a aprobación o xoves pasado por parte do Consello da Xunta do documento modificado para a súa remisión inmediata ao Parlamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115