DEPORTES
Samuel González brillou na néboa do Open de Galicia XCO en Montefaro
![[Img #24963]](upload/img/periodico/img_24963.jpg)
A terceira xornada do Open de Galicia de XCO e do Circuíto Deputación da Coruña estivo marcada polo mal tempo. A néboa acompañou aos 118 participantes no Open XCO Montefaro organizado polo Club Del Mar de Mugardos o pasado sábado. O sub-23 Samuel González (Fundación Óscar Pereiro) foi quen mellor se soubo adaptar a estas condicións e logrou a vitoria absoluta. En féminas impúxose Nuria Senra (Eskornabois) que se sitúa líder Elite, un ranking autonómico que en homes continúa dominado por Manuel Parada (VI 3).
A adversa climatoloxía provocou que se restaran voltas a todas as categorías nun circuíto de 6 kilómetros de lonxitude nas inmediacións das Baterías da Bailadora. O resto de gañadores nesta localidade coruñesa foron Alberto Pedreira (Bici Verde) en Elite; Alejandro Trasbach (Racing Cycling) en Master-30; Miguel Ángel Arias (Corbelo) en Master-40; Javier de la Fuente (Betanzos) en Master-50/60; Román Saa (Maceda) e Sara Trigo (Fundación Óscar Pereiro) en Junior; e Carlos Canal e Antía Martínez (Maceda) en Cadete.
Se na proba raíña feminina o triunfo de Nuria Senra resultou incontestable ante a ausencia da líder ata esta xornada Lara Lois (O Grove), na carreira absoluta masculina o vencedor decisdiuse na penúltima volta. Samuel González e Alberto Pedreira puxeron terra de por medio dende o principio respecto aos outros bikers.
Ataque decisivo
“Samuel ía bastante forte e na terceira volta collemos un tapón de xente e xa se me escapou”, indicou Pedreira, que se quedou sen capacidade de resposta ante o ataque do sub-23. O representante da Fundación Óscar Pereiro alzou os brazos na liña de meta tras 1 horas 30 minutos e 58 segundos de esforzo. González aproveitou ao máximo “as boas pernas” que sentiu en Mugardos: “O circuíto fíxose bastante duro polo barro e o tempo que tivemos durante toda a carreira. As subidas complicáronse por culpa de que era moi difícil traccionar e a esixencia das súas ramplas Foi moi entretido”.
A 54 segundos do primeiro clasificado chegou Pedreira, acadando deste xeito a súa primeira vitoria en Elite desta campaña nun trazado que para o corredor do Bici Verde resultou “moi bonito, duro e un pouco longo”. A terceira praza ocupouna Manuel Parada, a 3:10, que conservou o seu maillot de líder Elite.
Novos líderes en Master
Cumprido un terzo do Open de Galicia de XCO 2016, as xerais comezan a definirse. Antía Martínez e Adrián Barros (Coruxo) seguen ao fronte das táboas de cadetes; Román Saa e Sara Trigo continúan mandando en júniors; e Samuel González fai o propio en Sub-23. Os cambios chegan en masters. Salvo en Master-30, onde Alejandro Trasbach confirmou o seu dominio, en Master-40 José Miguel Eiras (Cambre) asaltou o primeiro posto aproveitando que non participou José Manuel Gómez e o mesmo aconteceu en Master-50/60 con Javier de la Fuente recuperando a primeira plaza ante a ausencia de Óscar Lorenzo (Bici Verde).
Por outro lado, os corredores da provincia da Coruña co maillot de líder da Deputación provincial son: Manuel Parada e Nuria Senra en Elite; Cristian Vidal (School Riders) en Sub 23; Alejandro Trasbach en Master-30; José Miguel Eiras en Master-40; Javier de la Fuente en Master-50/60; Pablo Álvarez (Cambre) en Junior; e Roi López (Compostelano) e Alba Arias (Arteixo MB3) en Cadete.
A cuarta cita destes dous certames será a do Monte do Gato o vindeiro sábado, día 21, organizada polo Caimanes de Betanzos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149