Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 18 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de de Cans recibe a 200 alumnas e alumnos de centros públicos do Porriño e de Mos

[Img #24980]

 

A concelleira de Eduación. Lourdes Moure, acompañou a 200 alumnos dos colexios CEIP de Atios, Santo Tomás, Fernández López, todos eles do Porriño, e Peña de Francia, de Mos, á súa visita ao Festival de Cine de Cans, que comezou este mércores a súa 13ª edición.


As actividades impulsadas polo Concello do Porriño este 2016, ano no que a achega municipal é a maior de toda a historia do festival, abranguen, como lembrou a concelleira de Educación, ademáis das visitas de rapazas e rapaces de colexios de toda a Área Metropolitana, a colocación dun ‘Canseto’ no centro da vila, un concurso de debuxo entre os colexios do Porriño e, este mesmo xoves, día 19, o desfile de chimpíns polo centro.


Os estudantes asistiron, na Casa Bugarín, á proxección do makin-off do documental que se estreou hoxe sobre a propia parroquia de Cans, e escoitaron as explicacións sobre o festival da presidenta da Asociación Arela, organizadora do mesmo, Keka Iglesias, do realizador do documental, Juanma Lodo, e do director do festival, Alfonso Pato.


Pato sinalou que o Festival de Cans é posible grazas ao traballo dos veciños da parroquia, entre eles varios rapaces da aldea, que fan de guías para que os espectadores coñezan o lugar e cheguen aos 10 lugares nos que se proxectan as curtas que participan no certame.


Neste mesmo eido, a concelleira Lourdes Moure subliñou que “é o traballo e o interese dos veciños o que fai posible que o Festival de Cans sexa unha referencia a nivel de toda Galicia e que mesmo comparta atención nos medios de comunicación co famoso festival de Cannes”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.