PONTEAREAS
O Cumio de Expertos en Medio Ambiente e Saúde terá lugar en Ponteareas o 27 de maio no auditorio Reveriano Soutullo
O director da mesma, o doutor e profesor Francisco Peña será proclamado fillo predilecto de Ponteareas nun acto ao final do encontro de ambientalistas e científicos.
![[Img #24982]](upload/img/periodico/img_24982.jpg)
Ponteareas converterase durante unha xornada en referencia internacional para ambientalistas e sanitarios. O Cumio de Expertos en Medio Ambiente e Saúde reunirá a diferentes especialistas na materia vindos de África, América e Europa, especialmente de Portugal e España, coa finalidade de debater sobre o estado actual da saúde ambiental e as súas posíbeis solucións. “Desde o Concello agradecemos o empeño por organizar este cumio en Ponteareas de Francisco Peña, aproveitando o seu nomeamento como fillo predilecto. O seu esforzo tradúcese nun encontro con máis de 40 expertos na materia de talla mundial. Unha vez máis, temos que reafirmar o noso compromiso co medio ambiente mediante a colaboración das administracións e concienciación dos cidadáns”, explica o alcalde Xosé Represas.
O contido científico ten unha estrutura en catro áreas temáticas: a saúde ambiental do planeta, as cidades saudábeis e sustentábeis, sustentabilidade dos recursos hídricos e xestión dos refugos e xestión sustentábel dos recursos naturais como factor de desenvolvemento económico.
Até o momento, formalizaron a súa inscrición máis de 150 congresistas. A mesma é de balde. Os interesados en participar no encontro deben dirixirse ao Concello de Ponteareas.
Fillo predilecto
No mes abril de 2015, a Corporación Municipal de Ponteareas acordou por unanimidade nomear fillo predilecto a Francisco Peña, doutor profesor e académico, nado en Ponteareas no 1955. O acto de entrega da medalla será o mesmo venres 27 ás 20.30 horas no auditorio municipal, trala realización do Cumio de Expertos. Estará amenizado por un concerto da soprano Teresa Novoa e o pianista Pablo Rodríguez. Amais, haberá unha cea de confraternidade en homenaxe á súa figura no Gran Hotel Balneario de Mondariz con reserva previa.
O día seguinte, 28 de maio, haberá unha visita organizada polo Concello de Ponteareas co fin de amosar aos poñentes de diversas procedencias coñezan algún dos lugares con máis relevancia ambiental, cultural e histórico-artística do noso concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184