Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 18 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O portavoz provincial do PSOE esixe a Núñez Feijoo "a dimisión inmediata de Alfonso Rueda "

Santos Héctor Rodríguez cualifica de “gravísima e intolerable” a utilización do PP das instalacións da Deputación de Pontevedra para facer campaña política.

Ante a comunicación por escrito recibida no día de hoxe, confirmando a visita do “Presidente do Partido Popular de Pontevedra, Don Alfonso Rueda Valenzuela ás oficinas do seu grupo na Deputación de Pontevedra”, o portavoz do Grupo provincial socialista, Santos Héctor Rodríguez, expresou o seu máis profundo malestar “porque o Vicepresidente da Xunta de Galicia acuda a unha Institución provincial utilizando as súas instalacións para unha campaña política”.

 

Rodríguez cualificou de indignante e intolerable en democracia “a falta de respecto á Deputación de Pontevedra, cando Rueda escolle visitar por primeira vez a institución provincial neste mandato como Presidente dun partido e non como Vicepresidente do goberno autonómico onde están pendentes numerosos temas de resolución. Non se pode consentir. Rueda actúa como un pequeno ditador e deixa claro  a súa actuación partidista e contraria á colaboración institucional entre administracións.  É evidente que para Alfonso Rueda o primeiro é ou seu partido e a súa campaña de asentamento na provincia antes que os problemas da poboación pontevedresa. O seu primeiro obxectivo é visualizar aos seus compañeiros de partido e apoialos na súa nula labor na Deputación antes que despachar temas de interese xeral da provincia coa Presidenta desta Institución”.

 

 

 

“En calqueira outro país sería motivo de cese inmediato. O PP con Feijoo e Rueda a cabeza confunden a democracia coas republicas bananeiras”

 

 


Santos Héctor Rodríguez sinalou que unha vez máis Alfonso Rueda esquécese de que o seu traballo como Vicepresidente da Xunta é representar a todas as galegas e galegos, independentemente de que lle votasen ou non. “Os actos reflicten as persoas. Queda claro que para Alfonso Rueda a súa traxectoria non Partido Popular é moito mais importante que a súa labor como Vicepresidente da Xunta  tentando resolver os problemas reais da cidadanía desta provincia”.

 

Por todo iso, o portavoz do grupo provincial socialista esixiu a dimisión inmediata de Alfonso Rueda como Vicepresidente da Xunta, “porque despois da súa actuación de hoxe non só demostra a súa bajeza política, algo que xa se coñecía, senón que asume sen rubor algún o cargo de mamporreiro que lle adxudicou Núñez Feijoo.  Isto é algo nunca visto e vai moito máis alá de que o mesmo señor ao que se lle enche a boca cando fala de lealdade institucional protagonice en democracia unha actitude como esta”, subliñou.

 

Para Rodríguez “en ningún país democrático un vicepresidente de goberno que ten que representar a toda a cidadanía visita unha institución para facer política partidaria. En calqueira outro país sería motivo de cese inmediato. O PP con Feijoo e Rueda a cabeza confunden a democracia coas republicas bananeiras. Rueda e Feijoo, Feijoo e Rueda están moi preocupados pola perda das eleccións en Galicia e están dispostos ou que sexa para tentar manterse no poder. Que saiban que nos lles temos medo algún, dan e moita pena. Estas formas de facer política son as que denigran unha actividade que debería ser a máis digna do ser humano. Eles desprestixíanse, pero nós seguiremos a facer política para a xente. Mostran un nivel político de subsolo. É moi triste”, concluiu.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.