Mos
Mos acolle a final do Campionato Galego de Fútbol Prebenxamín
Disputaranse unha serie de fases por concentración ó longo do sábado 21 de maio pola mañá e pola tarde no Campo de Fútbol das Baloutas
![[Img #24989]](upload/img/periodico/img_24989.jpg)
Esta tarde celebrouse a rolda de prensa de presentación das fases finais por concentración do Campionato Galego de Fútbol Prebenxamín (categoría integrada por cativos de 6,7 e 8 anos de idade) a disputar no mosense Campo de Fútbol das Baloutas. Realizouse no salón de sesións do Concello de Mos e contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes e tenente alcalde de Mos, Alberto Méndez; Enrique González, delegado da Federación Galega de Fútbol en Vigo, Fernando Iglesias, vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol, e Pablo Serodio, presidente da Unión Deportiva Mos.
A fase final do campionato, organizada pola Unión Deportiva Mos, celebrarase o vindeiro sábado, día 21 de maio, en horario de mañá: de 10.30 horas a 14.00 horas e de tarde de 17.00 horas a 19.00 horas (pola tarde disputaranse as fases de consolación, semifinais, final, final de consolación e realizarase a entrega de medallas e trofeos).
O Campo de Fútbol das Baloutas é a sede da Zona Sur Grupo B do Campionato Galego e o sábado xogarán nel as fases finais un total de 8 equipos, 4 do Grupo A e outros 4 do Grupo B. Do Grupo A estarán o E.F. Portero 2000, A.D. Vila do Corpus, C.D. Beluso e U.D. Mos. E do Grupo B serán os equipos E.D. Val Miñor, E.D. Ourense, Sárdoma C.F. e E.F. Cangas.
Habilitaranse no campo dous terreos de xogo e en cada un deles disputaranse 6 partidos, sumando un total de 12 encontros. Cada partido dividirase en dous tempos de 15 minutos de duración cada tempo e de 3 a 5 minutos de descanso entre ambos.
O sistema de competición será o seguinte: clasificaranse os dous primeiros de cada grupo para a fase final (postos do 1º ó 4º) e os clasificados nos postos 3º e 4º de cada grupo disputarán a fase de consolación (postos do 5º ó 8º). O vencedor desta fase disputará a Fase Final Galega.
Sobre este evento deportivo a alcaldesa declarou que “é unha honra para nós que o municipio de Mos sexa a sede da final do Campionato Galego Prebenxamín e agradecémoslle á Federación Galega de Fútbol, Á Xunta de Galicia, e a Deporte Galego a súa implicación coa mesma”. Ademais a rexedora local mosense quixo “darlle as gracias moi especialmente á anfitriona Unión Deportiva Mos e ó seu presidente, Pablo Serodio, polo arduo traballo de organización destas fases finais por concentración; así como polo intenso labor a prol do deporte en xeral e do fútbol en particular en todas as categorías e ó longo de todo o ano”.
Pola súa banda o edil de Deportes e tenente alcalde de Mos, Alberto Méndez, explicou “a importancia do deporte base e por suposto do fútbol base para educar dende as categorías inferiores nos hábitos de vida saudables, a capacidade de superación, o compañeirismo, o espíritu de equipo, o respecto polo rival e a competición sá e limpa”. E concluiu argumentando que “eventos deportivos coma a final do sábado son o mellor xeito de poñer en práctica todos estes valores, fundamentais na sociedade actual e nos que é vital educar ós nosos/as nenos/as e mozos/as”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191