Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Sae a concurso o Servizo de Axuda no Fogar

[Img #24990]

 

A Xunta de Goberno Local celebrada no Concello de Salceda o pasado 11 de maio aprobou por unanimidade os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas e o expediente para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar. O prazo de presentación de ofertas abrirase en canto o anuncio saia publicado no Boletín Oficial da Provincia. O contrato, que se adxudicará por procedemento aberto, asinarase por un período inicial de dous anos,  podendo ser prorrogable outros dous.


O Servizo de Axuda no Fogar préstalle aos veciños e veciñas de Salceda que o precisen un conxunto de atencións no seu propio domicilio. Vai dirixido a aquelas situacións en que os usuarios teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia das persoas no seu entorno habitual, evitando así a súa posible institucionalización.  Así, poden solicitar o servizo as persoas maiores con déficit de autonomía, as persoas con discapacidade, os fogares con menores en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo, os drogodependentes con tratamentos de desintoxicación domiciliarios, familias en risco de exclusión social…


O Servizo de Axuda no Fogar atende neste momento a 42 persoas do Concello de Salceda de Caselas, 21 con unha situación de Dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e as outras 21 sen esta Dependencia recoñecida pero que acceden ao servizo polo método da Libre Concurrencia”.  Ao longo do pasado ano ofrecéronse máis de 14.200 horas de servizo, o que supuxo un custo de 197.754,59. Os custos do servizo son asumidos por Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Salceda e polos propios usuarios en función da situación económica de cada un. Para xestionar o programa, o Concello de Salceda conta actualmente con un Departamento de Servizos Sociais formado por duas Traballadoras Sociais, unha Educadora Familiar, unha Logopeda-Pedagoga e unha Auxiliar Administrativa.


Teresa Pérez, Concelleira de Benestar Social  salientaba que “o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo vital para moitas persoas, que de non contar con este programa veríanse imposibilitadas de poder permanecer nos seus domicilios. Estamos convencidos de que é nos Servizos Sociais e no resto de áreas sociais onde se debe facer o maior esforzo por parte das diferentes administracións, e dende o Concello de Salceda así o imos a seguir a facer. Agradezo a implicación do Departamento de Servizos Sociais, fundamental para sacar adiante os diferentes programas sociais que temos en marcha no Concello de Salceda”.


Marcos Besada, Alcalde de Salceda declaraba que “o Benestar dos nosos veciños e veciñas é o principal motor da nosa acción de goberno. Seguiremos a traballar por todos eles, priorizando en todo momento a defensa e o coidado das persoas máis desfavorecidas, con especial atención nas familias con menores a cargo. As diferentes administracións temos a obriga de garantir unha vida digna aos nosos veciños e veciñas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.