Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Concello de A Guarda pidelle a Deputación o arranxo de 200 metros da rúa Concepción Arenal

Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron un encontro co alcalde de A Guarda Antonio Lomba.

[Img #25036]

 

Os deputados provinciais de Cooperación e Mobilidade, David Regades e Uxío Benítez, mantiveron  unha xuntanza de traballo no concello de A Guarda co seu alcalde Antonio Lomba e varios dos seus concelleiros.


No encontro, o alcalde presentoulles a ambos deputados o proxecto para á humanización de 200 metros da rúa Concepción Arenal que ademais é parte dunha estrada provincial. Antonio Lomba recordou que leva máis de tres anos reclamándolle á Deputación de Pontevedra que arranxe estes 200 metros xa que o concello concluíu o resto da rúa pero non pode actuar neste espazo por ser de titularidade provincial.


Lomba mostroulles o proxecto da obra que o propio concello fixera fai anos que en varias ocasións remitirá a la anterior Deputación sen que existira ningunha resposta ao respecto.


Tanto David Regades como Uxío Benítez coincidiron en destacar o uso que facía o Partido Popular da institución provincial “discriminando” aqueles concellos que non eran da súa cor política como demostra o caso de A Guarda e dunha obra de apenas de 200 metros dunha rúa.


O deputado de Infraestruturas comprometeuse co alcalde a estudar a inclusión do proxecto da rúa Concepción Arenal  no plan de infraestruturas da Deputación.


O alcalde e os dous deputados provinciais realizaron tamén unha visita as novas instalacións do concello de A Guarda que pretenden mellorar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas da localidade. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.