Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 21 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta de Galicia sorteou 3 vivendas de promoción pública na zona vella de Vigo

Son todas dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer para unidades familiares de 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.

[Img #25051]

 

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, sorteou esta semana entre os inscritos no Rexistro de Demandantes un total de 3 vivendas de promoción pública (VPP) cualificadas como casco histórico na zona vella de Vigo. Trátase de vivendas que estaban en aluguer e que foron recuperadas tras quedar vacantes polos anteriores adxudicatarios.

 

As 3 vivendas que se adxudicaronesta semana entre os inscritos no réxime de VPP en Cascos Históricos para a cidade olívica están ubicadas na rúa Subida ao Castelo 14-16 e Ferrería 39-41. Dúas delas, concretamente as de Subida ao Castelo, son propiedade e serán xestionadas posteriormente polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) mentres que a vivenda ubicada en Ferrería é propiedade do IGVS.

 

Pola tipoloxía do réxime de cualificación –vivendas de promoción pública cualificadas en casco histórico- ditas vivendas se sortean en condicións especiais para unidades familiares compostas por 1 ou 2 membros e con idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Todas elas son dun dormitorio e se adxudican en réxime de aluguer.

 

O sorteo, público e ante notario, tivo lugar hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta e nel estivo presente o delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves.

 

Tras o sorteo, déronse a coñecer as listas provisionais cos nomes dos 3 adxudicatarios ademais de quedar conformada unha lista de espera de ata 50 persoas demandantes seleccionados entre todos os que figuren inscritos ou con solicitude de inscrición presentada ata a data da resolución de inicio do procedemento, o 26 de abril, e que estean anotados na opción de aluguer para VPP en núcleos históricos da cidade de Vigo.

 

As listas provisionais serán publicadas na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e das dependencias do IGVS en Vigo e Pontevedra, dando aos interesados que se consideren prexudicados un prazo de dez días para a presentación de alegacións ou reclamacións. Paralelamente, os técnicos da Xunta comprobarán o cumprimento dos requisitos por parte dos incluídos na lista de adxudicatarios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.