Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 23 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Policía Autonómica investiga a autoría dun incendio forestal no de Salceda de Caselas

Na actual campaña anti-incendios, a Policía Autonómica investigou a 26 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

A Policía Autonómica da Xefatura de Vigo  informa da investigación do presunto autor dun incendio forestal ocorrido no concello de Salceda de Caselas

 

O lume que tivo lugar o pasado 17 de maio na parroquia de Salceda, no concello de Salceda de Caselas, afectou a unha superficie aproximada de 700 metros cadrados de monte arborado.  O incendio produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de restos forestais de xeito neglixente. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución do Porriño.

 

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 26 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.