MOS
Mos aproba en Xunta de Goberno o proxecto da Escola Infantil de Veigadaña
A aprobación foi posible tras recepcionar recentemente o Concello o informe favorable do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
![[Img #25071]](upload/img/periodico/img_25071.jpg)
As representantes municipais explicaron que, tras ter recibido no Concello o informe de supervisión favorable emitido polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería de Política Social da Xunta de Galicia sobre o proxecto da Escola Infantil, o mesmo puido ser aprobado esta semana en Xunta de Goberno.
A futura nova Escola Infantil da Veigadaña será a terceira para o Concello de Mos. E estímase que a súa apertura realizarase o vindeiro ano 2017, tal e como se contemplaba dende un principio.
O novo centro infantil de 0-3 anos emprazarase na Veigadaña. Esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do Concello.
O novo edificio constará de 82 prazas e 6 unidades, e un orzamento de 800.000 euros. A previsión é que estea en funcionamento no 2017.
Ademais deste novo centro na Veigadaña, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Escola Infantil de Cototorrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011. Unha vez aberta a futura gardería da Veigadaña vanse multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009.
O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Cototorrón, con outras 41 prazas.
A nova Escola Infantil da Veigadaña terá unha superficie útil de 600 metros cadrados, situada no núcleo rural de Veigadaña.
A terceira Escola Infantil da localidade mosense será pronto unha realidade. A alcaldesa de Mos explica neste sentido que “a necesidade dunha nova gardería era de vital importancia, dada a enorme demanda de prazas, demanda que ademais crece cada ano, e motivo polo cal a día de hoxe temos máis de 50 nenos e nenas en lista de espera para matricularse nas dúas Escolas Infantís existentes: Porteliña e Cototorrón”, declarou Nidia Arévalo.
Dada a gran demanda de prazas de gardería que aumenta anualmente de xeito substancial, a nova Escola Infantil que se construirá en Mos será do formato de seis módulos, que é o máis grande de entre os existentes. “Deste xeito evitarase ter futuros novos problemas de lista de espera e ter que ampliar os edificios ou construír outros novos de cara a cubrir a demanda existente”, argumenta a rexedora local mosense.
O proxecto da nova Escola Infantil en Veigadaña configúrase cunha xeometría circular, optimizando a superficie e o aproveitamento da luz solar do edificio. Para formular a disposición dos distintos elementos, realizouse un estudo das orientacións da parcela, de modo que a zona de aulas disponse na parte sur e oeste, recibindo a máxima achega solar, mentres que a zona de servizos disponse na parte norte.
Dispóñense ademais diferentes espazos libres interiores para a realización de actividades de ocio.
Formúlase a utilización de sistemas de xeración de enerxía pasivos, tratando de adaptar o deseño do edificio aos estándares de sostibilidade. O proxecto pretende xerar un espazo interior de calidade no que alumnos e profesores poidan desenvolverse e gozar do proceso de aprendizaxe, unha actividade fundamental en idades tan temperás.
O proxecto foi realizado polos arquitectos Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós; esta última é ademais unha novísima profesional veciña de Mos, que fará unha contribución de gran relevancia ó seu Concello con esta innovadora construcción de importantísima función social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191