Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Escolares de Mos collen un Goya nas súas mans durante a visita a Cans organizada polo Concello

Participaron nesta experiencia un total de 135 alumnos e alumnas.

Un total de 135 alumnos e alumnas mosenses de 5º e 6º cursos de Educación Primaria visitaron entre o pasado mércores e esta mañá o Festival de Cans. Hoxe visitaron o festival os nenos e nenas dos colexios Pena de Francia e Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda (un total de 95), que tiveron a sorte de charlar con David Machado, Premio Goya ó mellor sonido pola película ‘El desconocido’, de Dani de la Torre; e incluso puideron ver o Goya moi de preto e telo nas súas mans, polo que se amosaron moi emocionados.


Dende a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos, promotora e organizadora desta actividade, quérese fomentar o coñecemento dos recursos culturais que hai no entorno e colaborar na difusión da cultura e da arte.


O Festival de Cans, celebrado anualmente no Concello veciño de O Porriño, é unha divertida cita alternativa e constitúe unha boa oportunidade para que os escolares coñezan iniciativas de ámbito local que repercuten non só no campo audiovisual, senón na promoción do uso da lingua galega, na cultura e na dinamización das parroquias e da vida da xente que as acolle.


Os obxectivos específicos desta iniciativa son dar a coñecer os recursos e as manifestacións culturais e artísticas do contorno, fomentar o espírito crítico entre os escolares, desenvolver nos alumnos/as as habilidades necesarias para apreciar e disfrutar coa arte e con outras manifestacións culturais, proporcionar un espazo de relación e comunicación diferente ao habitual, e dar a coñecer a gran labor da organización e dos veciños que colaboran de xeito altruísta.

 

A actividade consistiu nunha visita ao Festival de Cans, na que os alumnos/as puideron disfrutar das diferentes actividades que ofrece este evento,  ademais de coñecer as súas instalacións e ao persoal encargado da organización do mesmo.


Os colexios que foron ao Festival de Cans, súmandose a esta iniciativa municipal foron tres: CEIP Pena de Francia (81 escolares participantes), Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda (19 escolares) e Atín (35 alumnos/as).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.