Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Máis de 50 persoas do movemento asociativo de COGAMI desprázanse ata Mos para conmemorar a asemblea anual

O sábado, 21 de maio, ás 11.30 horas, o centro de recursos para persoas con discapacidade de Mos (Avda. do Rebullón, no antigo hospital psiquiátrico) acolle a XXVI Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

 

Máis de medio cento de persoas chegadas das catro provincias galegas, representantes de COGAMI e das máis de 50 entidades membro, daranse cita para analizar os resultados da Organización durante o ano 2015 e tamén para adiantar o camiño que ten trazado para este ano, a estratexia que vai seguir na prestación de servizos que melloran a calidade de vida das persoas con discapacidade.

 

Este é o terceiro ano que COGAMI sae de Santiago e recorre os seus centro para celebrar a asemblea. Xa estivo en A Mariña e en Lugo. Este ano a asemblea se fai en Mos porque tamén é a oportunidade de poder ver as novas instalacións do centro de recursos, que presta servizos de formación, orientación, saúde, información, asesoramento, lecer e inserción laboral, co fin de fomentar a autonomía das persoas.

 

Estas instalacións foron reformadas a través do 7% do IRPF cando as persoas contribuíntes marcan o X Solidario, a través do Plan de Prioridades da Fundación ONCE e contou tamén coa colaboración da Consellería de Sanidade e o Concello de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.